Derodóntidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Derodontoidea»)
Derodóntidos
Rango fósil: Xurásico medio-Recente

Laricobius erichsoni de Bélxica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Superfamilia: Derodontoidea
Familia: Derodontidae
LeConte, 1861
Xéneros

4, ver texto

Os derodóntidos (Derodontidae) son unha familia de escaravellos clasificada na súa propia superfamilia monotípica, Derodontoidea. Os escaravellos desta familia son pequenos, de entre 2 e 6 mm de lonxitude, tipicamente con marxes espiñosas nos pronotos (parte do tórax) que lles dan o seu nome científico, aínda que o xénero Laricobius carece desas espiñas. Unha caracterísitca rara entre os escaravellos é que teñen dous ocelos na parte superior da cabeza.

Están relacionados cos Bostrichoidea.

Algunhas especies aliméntanse de mofos mucilaxinosos, pero as larvas e os adultos do xénero Laricobius son predadores de hemípteros adélxidos que atacan as coníferas e especies deste xénero utilízanse como axentes de control biolóxico en países como Estados Unidos para o control de adélxidos.

Hai 42 especies distribuídas en 4 xéneros e 3 subfamilias. A familia comprende os seguintes grupos:[1]

O xénero fósil Juropeltastica data do Xurásico medio (hai ~ 163 millóns de anos) e atopouse na formación Haifanggou da China.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hava, J. 2006. A world catalogue of the family Derodontidae (Coleoptera). Arquivado 2014-07-21 en Wayback Machine. Pol Pismo Entomol 75 29-38
  2. Cai, Chenyang; Lawrence, John F.; Slipinski, Adam; Huang, Diying (2014-05-05). "First fossil tooth-necked fungus beetle (Coleoptera: Derodontidae): Juropeltastica sinica gen. n. sp. n. from the Middle Jurassic of China". European Journal of Entomology 111 (2): 299–302. doi:10.14411/eje.2014.034. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]