Megasoma actaeon
Megasoma actaeon | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de Megasoma actaeon | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Megasoma actaeon é unha especie de escaravello rinoceronte da familia Scarabaeidae.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome específico actaeon deriva do nome do heroe tebano da mitoloxía grega Actaeon, fillo do pastor sacderdotal Aristaeus e de Autonoe en Beocia, adestrado polo centauro Quirón.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un dos escaravellos máis grandes, medindo ata 7 cm de ancho e de 5-12 cm de longo. Os machos poden crecer ata os 131/2 cm de longo e 4 cm de ancho.[3]
As superficies dorsais son glabras (sen pelos), de cor negra brillante ou mate. As patas son potentes, con grandes garras tarsais. Os machos teñen apéndices que lembran cornos no pronoto e na cabeza. Os dous cornos parciais paralelos sobre o pronoto son curtos, agudos e apuntan cara a adiante, mentres que un corno moito máis longo cun pequeno dente nace da cabeza. Nas femias o pronoto e os élitros son rugosos e carecen de cornos.[1]
Ciclo de vida
[editar | editar a fonte]As femias poñen ovos no chan, que se desenvolven nuns 9 meses. O desenvolvemento larvario e a pupación tardan en total case 3 anos. As larvas no terceiro ínstar poden acadar un peso de 200 gramos, o maior peso de todos os insectos. A esperanza de vida dos adultos en catividade é de 100–150 días. O exemplar máis pesado do que se ten rexistros atopouse en 2009 no norte de América do Sr e pesaba 228 gramos, case o equivalente do peso dunha rata femia.[4]
Distribución
[editar | editar a fonte]Vive en América do Sur, especialmente en Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, México, Güiana Francesa, Güiana, Panamá, Perú, Suriname e Venezuela.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Generic Guide to New World Scarab Beetles[Ligazón morta]
- ↑ Hielkema, Auke J., Hielkema, Meindert A. (2019): An annotated checklist of the Scarabaeoidea (Insecta: Coleoptera) of the Guianas. Insecta Mundi 732 (732): 1-306, DOI: http://doi.org/10.5281/zenodo.3678492
- ↑ "What is the World's Biggest Insect?".
- ↑ Glenday, Craig (2013). Guinness World Records 2014. pp. 33. ISBN 978-1-908843-15-9.
- Fotps de Megasoma actaeon Arquivado 2009-10-10 en Wayback Machine.
- Natural World
- Reprodución de Megasoma actaeon
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Megasoma actaeon |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Megasoma actaeon |