Micromalthus debilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Micromalthidae»)

Micromalthus debilis
Rango fósil: Mioceno-Presente
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Archostemata
Familia: Micromalthidae
Barber, 1913
Xénero: Micromalthus
LeConte, 1878
Especie: Micromalthus debilis
LeConte, 1878
Outras especies
  • Micromalthus eocenicus Kirejtshuk, Nel & Collomb, 2010
  • Micromalthus priabonicus Perkovsky, 2016
Sinonimia[1]

Micromalthus anansi Perkovsky, 2008

Micromalthus debilis é unha especie de escaravello nativo do leste dos Estados Unidos de América e o único representante vivo do xénero Micromalthus e de toda a familia Micromalthidae. Ten un ciclo de vida moi pouco común no que as larvas femia se reproducen asexualmente por partenoxénese e hai "adultos fantasma" non funcionais.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A clasificación de M. debilis foi historicamente controvertida e non quedou firmemente establecida. O primeiro que informou da especie foi John Lawrence LeConte en 1878 e foi durante longo tempo considerado un Polyphaga e situado na familia Lymexylidae ou Telegeusidae, ou nunha familia propia dentro de Cantharoidea. Porén, as características das larvas, ás e xenitais masculinos mostran que pertence á suborde Archostemata, onde está situado desde 1999.[2]

Morfoloxía e ciclo vital[editar | editar a fonte]

Diagrama do ciclo vital

O escaravello adulto é alongado, cunha lonxitude entre 1,5 e 2,5 mm, e de cor marrón escuro á case negro, con patas e antenas amarelo-marróns. A cabeza é máis grande que o tórax, con grandes ollos que sobresaen por ambos os lados.

As larvas perforan a madeira que comen, en troncos húmidos e en descomposición de castiñeiros e carballos. Tamén se informou que causan danos en madeiras de edificios e postes de madeira (de feito, nos Estados Unidos teñen o nome local de "escaravello dos postes de teléfono").

O ciclo vital é pouco común porque o estadio cerambicoide da larva pode parir larvas caraboides por medio de partenoxénese, ou máis raramente, desenvolverse nunha femia adulta. Os machos adultos tamén é raro que se desenvolvan. O desenvolvemento en adultos está desencadeado polas altas temperaturas, pero isto tamén ten como resultado unha alta mortalidade das larvas. As femias adultas viven uns seis días, mentres que os machos só unhas 12 horas, cunha proporción de sexos fortemente escorada cara ás femias. Os adultos de ambos os sexos son estériles e son os vestixios que quedan dun tempo no que o ciclo vital comprendía tamén unha fase de reprodución sexual. A perda posterior da reprodución sexual está probalemente asociada coa infección que este insecto sofre por bacterias do xénero Wolbachia.[3]

Nun estudo experimental utilizáronse altas temperaturas para xerar un número substancial de adultos para estimular o ciclo de vida adulto non funcional. Esta especie mostrou un rol sexual inverso, no que as femias tiñan un papel moi activo. As femias preferían aparearse con machos que procedían de troncos diferentes do seu, e realizaban un movemento de "danza" no que abaneaban o abdome e batían as ás probablemente para rexeitar os machos non apropiados. As femias tamén competían e iniciaban interaccións cos machos, fretando os xenitais do macho cos seus propios xenitais.[3]

Historia evolutiva[editar | editar a fonte]

Os estudos xenéticos situaron a Micromalthus como máis relacionado cos Ommatidae que cos Cupedidae dentro dos Archostemata.[4] A existencia dunha relación próxima entre Ommatidae e Micromalthidae apóiase en varios caracteres morfolóxicos, como o tipo de mandíbulas e de xenitais dos machos.[5] O rexistro máis antigo de Micromalthidae é Archaeomalthus do Permiano superior de Rusia de hai arredor 252 millóns de anos, o cal é morfoloxicamente similar en moitos aspectos a Micromalthus, incluíndo ter un corpo cunha esclerotización débil.[6] Tamén se coñecen outros xéneros fósiles da familia, como Cretomalthus, coñecido por unha larva atopada en ámbar libanés do Cretáceo temperán (Barremiano).[7] Tamén Protomalthus atopado en ámbar birmano de Myanmar datado no Cretáceo medio (Albiano-Cenomaniano).[8]

Os fósiles de Micromalthus coñécense desde o Mioceno, atopados en ámbar dominicano (adultos e larvas, que non se podían distinguir das especies vivas[1]), en ámbar mexicano (larvas), en ámbar de Rovno do Eoceno superior de Ucraína (Micromalthus priabonicus),[9] e en ámbar de Oise de Francia do Eoceno temperán (Ypresiano) (Micromalthus eocenicus).[10] Outro posible espécime de Micromalthus achouse en ámbar birmano,[11] mais a súa mala conservación fixo que a súa asignación fose provisional.[8]

Status[editar | editar a fonte]

Os informes da especie son infrecuentes e non se sabe se é escasa ou común e pasa desapercibida. Un estudo recente feito por Bertone et al. (2016)[12] atopou exemplares nun exame da fauna de artrópodos dentro das casas en 50 casas localizadas arredor de Raleigh, Carolina do Norte.[13] Un recente estudo encontrou que a especie se espallara a todos os continentes menos a Australia, con rexistros en Suráfrica, Hong Kong, Belize,[14] Cuba, Brasil, Xapón, Hawai, Italia e Austria ; esta dispersión está posiblemente relacionada co comercio da madeira.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hörnschemeyer, Thomas; Wedmann, Sonja; Poinar, George (February 2010). "How long can insect species exist? Evidence from extant and fossil Micromalthus beetles (Insecta: Coleoptera): SPECIES LONGEVITY IN MICROMALTHUS (COLEOPTERA)". Zoological Journal of the Linnean Society (en inglés) 158 (2): 300–311. doi:10.1111/j.1096-3642.2009.00549.x.  Erratum xa corrixido: doi=10.1111/j.1096-3642.2010.00702.x
  2. Ross H. Arnett, Jr. e Michael C. Thomas, American Beetles (CRC Press, 2001), capítulo 2
  3. 3,0 3,1 Perotti, M. Alejandra; Young, Daniel K.; Braig, Henk R. (xuño de 2016). "The ghost sex-life of the paedogenetic beetle Micromalthus debilis". Scientific Reports (en inglés) 6 (1): 27364. Bibcode:2016NatSR...627364P. ISSN 2045-2322. PMC 4895236. PMID 27270667. doi:10.1038/srep27364. 
  4. McKenna, Duane D.; Shin, Seunggwan; Ahrens, Dirk; Balke, Michael; Beza-Beza, Cristian; Clarke, Dave J.; Donath, Alexander; Escalona, Hermes E.; Friedrich, Frank; Letsch, Harald; Liu, Shanlin (2019-12-03). "The evolution and genomic basis of beetle diversity". Proceedings of the National Academy of Sciences (en inglés) 116 (49): 24729–24737. ISSN 0027-8424. PMC 6900523. PMID 31740605. doi:10.1073/pnas.1909655116. 
  5. Hörnschemeyer, Thomas (xullo de 2009). "The species-level phylogeny of archostematan beetles-where do Micromalthus debilis and Crowsoniella relicta belong?". Systematic Entomology (en inglés) 34 (3): 533–558. doi:10.1111/j.1365-3113.2009.00476.x. 
  6. Yan, Evgeny Viktorovich; Beutel, Rolf Georg; Lawrence, John Francis; Yavorskaya, Margarita Igorevna; Hörnschemeyer, Thomas; Pohl, Hans; Vassilenko, Dmitry Vladimirovich; Bashkuev, Alexey Semenovich; Ponomarenko, Alexander Georgievich (2020-09-13). "Archaeomalthus -(Coleoptera, Archostemata) a 'ghost adult' of Micromalthidae from Upper Permian deposits of Siberia?". Historical Biology (en inglés) 32 (8): 1019–1027. ISSN 0891-2963. doi:10.1080/08912963.2018.1561672. 
  7. Song, Zhenyu; Zhao, Xianye; Jarzembowski, Edmund A.; Xiao, Chuantao (2022-09-01). "Overview of and taphonomic bias in Archostemata (Insecta: Coleoptera) from Cretaceous amber". Palaeontographica Abteilung A (en inglés) 323 (4–6): 119–137. ISSN 0375-0442. doi:10.1127/pala/2022/0131. 
  8. 8,0 8,1 Tihelka, Erik; Huang, Diying; Cai, Chenyang (marzo de 2020). "A new genus and species of Micromalthidae from Burmese amber (Coleoptera: Archostemata)". Earth and Environmental Science Transactions of the Royal Society of Edinburgh (en inglés) 111 (1): 39–46. ISSN 1755-6910. doi:10.1017/S1755691019000185. 
  9. Perkovsky, E. E. (maio de 2016). "A new species of Micromalthidae (Coleoptera) from the Rovno amber: 1. Adult morphology". Paleontological Journal (en inglés) 50 (3): 293–296. ISSN 0031-0301. doi:10.1134/S0031030116030047. 
  10. Kirejtshuk, Alexander G.; Nel, André; Collomb, François-Marie (xaneiro de 2010). "New Archostemata (Insecta: Coleoptera) from the French Paleocene and Early Eocene, with a note on the composition of the suborder". Annales de la Société Entomologique de France. N.S. 46 (1–2): 216–227. ISSN 0037-9271. doi:10.1080/00379271.2010.10697661. 
  11. Yamamoto, Shûhei (2021-07-03). "The extant telephone-pole beetle genus Micromalthus discovered in mid-Cretaceous amber from northern Myanmar (Coleoptera: Archostemata: Micromalthidae)". Historical Biology (en inglés) 33 (7): 941–948. ISSN 0891-2963. doi:10.1080/08912963.2019.1670174. 
  12. Bertone, MA; Leong, M; Bayless, KM; Malow, TL; Dunn, RR; Trautwein, MD (19 de xaneiro de 2016). "Arthropods of the great indoors: characterizing diversity inside urban and suburban homes". PeerJ 4: e1582. PMC 4727974. PMID 26819844. doi:10.7717/peerj.1582. 
  13. Milman, Oliver (19 de xaneiro de 2016). "Hundreds of tiny spiders, lice and more crawling through US homes, study says". The Guardian. Consultado o 19 de xaneiro de 2016. Matthew Bertone, un entomólogo da Universidade do Estado de Carolina do Norte, dixo que estaba abraiado coa variedade de especies atopadas nas, como el subliñou, casas 'limpas e normais' de Raleigh, Carolina do Norte. 'Quedamos bastante sorprendidos co que atopamos, como a avespa máis pequena do mundo, que só mide 1 mm de longo,' dixo. 'Vin moitas cousas nas casas que nunca vira na natureza salvaxe antes, cousas que previamente tratamos de atrapar. Hai unha especie estraña de escaravello, chamada escaravello dos postes telefónicos, na que os bebés producen bebés. E diminutos grilos chamados formigas que aman as formigas porque se encontran preto dos formigueiros. Nunca vira un antes.' 
  14. Philips, T. Keith (2001). "A Record of Micromalthus debilis (Coleoptera: Micromalthidae) from Central America and a Discussion of Its Distribution". The Florida Entomologist 84 (1): 159–160. ISSN 0015-4040. JSTOR 3496680. doi:10.2307/3496680. 
  15. Ruzzier, Enrico; Colla, Andrea (2019-06-26). "Micromalthus debilis LeConte, 1878 (Coleoptera: Micromalthidae), an American wood-boring beetle new to Italy". Zootaxa 4623 (3): 589–594. ISSN 1175-5334. PMID 31716256. doi:10.11646/zootaxa.4623.3.12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]