Hidrocarburo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Algúns hidrocarburos. De arriba a abaixo: etano, tolueno, metano, eteno, benceno, ciclohexano e decano.

En química orgánica, un hidrocarburo é un composto orgánico formado na súa totalidade por átomos de carbono e hidróxeno.

A meirande parte dos hidrocarburos atópanse naturalmente no petróleo, onde a materia orgánica descomposta proporciona abundancia de carbono e hidróxeno, os cales, ao unírense, poden formar cadeas aparentemente ilimitadas[1][2].

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo a estrutura das ligazóns entre átomos de carbono, clasifícanse en:

  • Hidrocarburos acíclicos, alifáticos, unalifáticos, ou de cadea aberta. Estes á súa vez dividense en:
  • Hidrocarburos cíclicos, hidrocarburos de cadea pechada que á súa vez subdividense en:

Intoxicacións por Hidrocarburos[editar | editar a fonte]

As intoxicacións por hidrocarburos tenden a causar cadros respiratorios relativamente severos. A gasolina, o queroseno e os aceites para pulir mobles, que conteñen hidrocarburos, son os axentes máis comunmente usados nas intoxicacións. O tratamento a míudo require intubación e ventilación mecánica. Induci-lo vómito nestes casos está contraindicado porque pode causar máis dano esofáxico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clayden, J., Greeves, N., et al. (2000), p21
  2. McMurry, J. (2000), p75-81

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Galilibros
O Galilibros ten un manual sobre: Hidrocarburo