Saltar ao contido

Ptiliidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ptiliidae é unha familia de diminutos escaravellos cunha distribución cosmopolita. Esta familia contén o escaravello de menor tamaño coñecido,[2] cunha lonxitude cando completou o crecemento de só 0,3-4,0 mm.[3] O seu peso é aproximadamente de 0,4 miligramos.[4] Teñen unhas ás posteriores estreitas e de aspecto plumoso.[3] Este aspecto plumoso débese a que a viscosidade efectiva do aire é maior que a dos corpos de tamaño diminuto, o que fai que unha á normal de insecto sexa moito menos eficiente para o voo que unha "plumosa". A diferenza doutros pequenos insectos con ás "plumosas", como as de avespas parasitas como as Mymaridae, os Ptiliidae non voan usando un movemento de palmear e elevar (clap and fling), senón facendo coas ás unha figura de oito na que as ás palmean no ápice das batidas cara a arriba e cara a abaixo. Son capaces de voar a velocidades comparables ás dos seus parentes máis grandes.[5]

O pequeno tamaño forzou a algunhas especies a sacrificar parte da súa anatomía, como o corazón, o boche e a moella. Aínda que o exoesqueleto e o sistema respiratorio dos insectos parecen ser factores limitantes maiores en canto ao tamaño maior que poden acadar, o límite de menor tamaño que poden ter parece estar relacionado co espazo necesario para os seus sistemas nervioso e reprodutor.[6] Os adultos e larvas son micrófagos, alimentándose de esporas e hifas de fungos, así como doutros detritos orgánicos. Encóntranse nunha ampla variedade de hábitats, incluíndo madeira podre e infestada por fungos, buracos de árbores, baixo o kelp nas praias e dentro ou preto de formigueiros e termitiros.[7] Os ovos son moi grandes en comparación coa femia adulta (aproximadamente a metade da súa lonxitude) polo que só poden poñer e desenvolver un ovo de cada vez.[2] Algunhas especies utilizan a partenoxénese.[2]

Figurass 1-9 de Ptiliidae; nótense as ás "plumosas"

Existen unhas 600 especies descritas distribuídas en 80 xéneros,[3] pero hai un gran número de espécimes nas coleccións que esperan a ser descritos, aqsí que o verdadeiro número de especies é probablemente moito maior.[2] Rexistráronse fósiles de Ptiliidae do Oligoceno, de aproximadamente hai 30 millóns de anos[3] do Eoceno, de hai 46,2–43,5 millóns de anos, e en ámbar libanés e birmano do Cretáceo, datados en hai 125 e 99 millóns de anos, respectivamente.[8] A familia está dividida en 3 subfamilias:[3]

  1. Bouchard, Patrice; Bousquet, Yves; Davies, Anthony E.; Alonso-Zarazaga, Miguel A.; Lawrence, John F.; Lyal, Chris H. C.; Newton, Alfred F.; Reid, Chris A. M.; Schmitt, Michael; Ślipiński, S. Adam; Smith, Andrew B. T. (2011). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". ZooKeys (88): 1–972. PMC 3088472. PMID 21594053. doi:10.3897/zookeys.88.807. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Henry S. Dybas (2000). "Featherwing beetles". DPI Entomology Circular. University of Florida. EENY-177. Consultado o 22 de outubro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Christopher G. Mayka & Mikael Sörensson (2010). "Featherwing beetles (Coleoptera: Ptiliidae)". En Donald F. McAlpine & Ian M. Smith. Assessment of Species Diversity in the Atlantic Maritime Ecozone. NRC Research Press. pp. 433–438. ISBN 9780660198354. 
  4. "Insects: Beetle". San Diego Zoo. 2008. Consultado o 20 de xullo de 2008. 
  5. Farisenkov, Sergey E.; Kolomenskiy, Dmitry; Petrov, Pyotr N.; Engels, Thomas; Lapina, Nadezhda A.; Lehmann, Fritz-Olaf; Onishi, Ryo; Liu, Hao; Polilov, Alexey A. (2022-02-03). "Novel flight style and light wings boost flight performance of tiny beetles". Nature (en inglés) 602 (7895): 96–100. ISSN 0028-0836. PMC 8810381. PMID 35046578. doi:10.1038/s41586-021-04303-7. 
  6. World’s Smallest Insect Pays a Hefty Price for its Size
  7. Eugene Hall, W.. "Ptiliidae Erichson, 1845: Coleoptera, Beetles". Handbook of Zoology Online, edited by Andreas Schmidt-Rhaesa. Berlin, Boston: De Gruyter, 2016. Consultado o 2022-10-02.
  8. Floyd W. Shockley; Dale Greenwalt (2013). "Ptenidium kishenehnicum (Coleoptera: Ptiliidae), a New Fossil Described from the Kishenehn Oil Shales, with a Checklist of Previously Known Fossil Ptiliids". Proceedings of the Entomological Society of Washington 115 (2): 173–181. doi:10.4289/0013-8797.115.2.173. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.