Paleóxeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Era [1] Período Época Millóns de anos
Cenozoico Cuaternario Holoceno 0,011784
Plistoceno 2,588
Neóxeno Plioceno 5,332
Mioceno 23,03
Paleóxeno Oligoceno 33,9 ±0,1
Eoceno 55,8 ±0,2
Paleoceno 65,5 ±0,3
Durante o paleóxeno aparecen e diversifícanse os équidos, como Hyracotherium (na ilustración) ou Mesohippus.

O paleóxeno (escrito ás veces paleoxeno),[2] tamén coñecido como terciario temperán, é, na escala de tempo xeolóxico, un período xeolóxico, o que inicia a era Cenozoica.

Comezou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos e acabou hai 23,03 millóns de anos.[3][4][5] Cunha duración, por tanto, duns 43 millóns de anos, o paleóxeno destacou especialmente pola evolución dos mamíferos a partir de especies pequenas e relativamente pouco importantes como o eran a finais do cretáceo.

Divídese en paleoceno, eoceno e oligoceno.

O período paleóxeno marcou un tempo de transición na historia da Terra. O cambio climático máis profundo foi o arrefriamento que fixo medrar as rexións polares. No ámbito global formáronse cadeas montañosas actuais en América do Norte (Sierra Nevada e Montañas Rochosas) e en Europa (Alpes, cadeas Ibéricas, Béticas, Pireneo e Cantábrica). Os sedimentos que rexistran estes e outros sucesos cenozoicos están, na súa maioría, non consolidados, a excepción de carbonatos e algúns silicatos litificados.

Os organismos que permaneceron nos océanos son os taxons que persisten hoxe en día. Sobre a Terra, as anxiospermas do paleóxeno eran parecidas ás do cretáceo superior. A vida animal cambiou drasticamente; os mamíferos, en xeral pequenos ao inicio do paleóxeno, xa eran moi parecidos aos actuais a finais do período. Importantes no período foron: Mesohippus (cabalos), foraminíferos, monos, plantas con flor, a diversificación dos mamíferos, a formación do carbón, os Alpes e, en Suramérica, a subdución de tipo Andino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en Standard Color Codes for the Geological Time Scale.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paleoxeno.
  3. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  4. International Stratigraphic Chart, 2008
  5. "Whatever happened to the Tertiary and Quaternary?"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.