Saltar ao contido

Anóbidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anóbidos
 Nome taxon
    Anobiidae Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseInsecta
OrdeColeoptera
SuperfamiliaBostrichoidea
FamiliaAnobiidae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/06pn0c Editar o valor en Wikidata
ITIS114459 Editar o valor en Wikidata
OTT6431 Editar o valor en Wikidata
CoL6FF Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os anóbidos ou Anobiidae (que nalgunhas clasificacións están dentro da familia Ptinidae) son unha familia de pequenos coleópteros polífagos coñecidos vulgarmente como trazas ou couzas da madeira, xa que perforan a madeira tanto en estado natural coma en edificios (trabes, mobles etc.). Algunhas especies considéranse verdadeiras pragas, como Xestobium rufovillosum, Anobium punctatum e Lasioderma serricorne. Coñécense uns 1 800 xéneros distribuídos por todo o mundo.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Existen tres grandes grupos de escaravellos dentro da superfamilia Bostrichoidea: Bostrichidae, Anobiidae e Ptinidae. Estes grupos sufriron frecuentes cambios na clasificación xerárquica desde a súa creación. Foron tratados como unha soa familia, tres familias independentes, dúas familias chamadas Bostrichidae e Anobiidae (con Ptininae como subfamilia de Anobiidae), ou dúas familias denominadas Bostrichidae e Ptinidae (cos Anobiidae dentro de Ptinidae). A literatura máis recente trátaos como dúas subfamilias con nomes Bostrichidae e Ptinidae, mentres que os Anobiidae serían unha subfamilia de Ptinidae (Anobiinae).[2][3] [4] [5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

O tamaño dos anóbidos oscila entre 1,5 e 9 mm de lonxitude e son predominantemente marróns, pardo-avermellados ou anegrados. O corpo é case sempre cilíndrico, ás veces arredondado e está recuberto por unha abundante pubescencia, que ás veces forma debuxos sobre os élitros. A cabeza está máis ou menos retraída e agochada baixo o pronoto; as antenas poden ser filiformes, aserradas ou pectinadas; os ollos son grandes. As patas son delgadas e nalgúns casos poden pregarse e ocultarse en sucos na parte inferior do corpo; os tarsos son pentámeros (con cinco artellos en todas as patas).

Bioloxía e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Madeira furada por Anobium punctatum.

As larvas desenvólvense en madeira morta, tanto natural coma traballada e, nese caso, poden producir graves estragos en trabes, artesoados, retablos, mobles, e mesmo en libros; reciben o nome común de trazas ou couzas. Xestobium rufovillosum mentres escava galerías na madeira produce uns golpiños audibles polo oído humano que parecen o tic tac dun reloxo.[7] Algunhas especies desenvólvense en fungos Xyletinus, produtos alimentarios (Stegobium) e mesmo en cigarros (Lasioderma).

Cando as larvas maduran, os adultos perforan a superficie da madeira e seguidamente a abandonan; son bos voadores e espállanse buscando lugares favorables para a posta; as femias depositan os ovos nas gretas da madeira.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

A familia inclúe os seguintes subgrupos (subfamilias e xéneros):

Sinónimos:

  1. Español, F. 1992 Coleoptera: Anobiidae. Fauna Ibérica, vol. 2. Museo Nacional de Ciencias Naturales, CSIC, Madrid, 195 pp.
  2. Bell, Karen Leanne; Philips, T. Keith (2011). "Molecular systematics and evolution of the Ptinidae (Coleoptera: Bostrichoidea) and related families" (PDF). Zoological Journal of the Linnean Society 165: 88–108. doi:10.1111/j.1096-3642.2011.00792.x.
  3. Löbl, Ivan; Smetana, Aleš (2007). Lobl, I.; Smetana, A., eds. Catalogue of Palaearctic Coleoptera. Volume 4: Elateroidea - Derodontoidea - Bostrichoidea - Lymexyloidea - Cleroidea - Cucujoidea. ISBN 978-87-88757-67-5. doi:10.1163/9789004260894.
  4. Bouchard, Patrice; Bousquet, Yves; Davies, Anthony E.; Alonso-Zarazaga, Miguel A.; et al. (2011). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". ZooKeys (88): 1–972. ISSN 1313-2989. PMC 3088472. PMID 21594053. doi:10.3897/zookeys.88.807.
  5. Arango, Rachel A.; Young, Daniel K. (2012). "Death-watch and spider beetles of Wisconsin (Coleoptera: Ptinidae)" (PDF). General Technical Report FPL-GTR-209. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xullo de 2018. Consultado o 02 de febreiro de 2023.
  6. "Ptinidae Family Information". BugGuide.net. Consultado o 2018-08-27.
  7. Zahradník, J., 1990. Guía de los Coleópteros de España y de Europa. Omega, Barcelona, 570 pp. ISBN 84-282-0781-X
  8. Español, F.; Viñolas, A. (1995). "Neoxyletobius g. n. para Xyletobius oculatus Sharp, 1881 (Coleoptera, Anobiidae, Xyletininae)". Misc. Zool. 18: 51–56.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]