Cicindela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cicindela[1] é un xénero de escaravellos da familia dos cicindélidos. Son xeralmente de cores brillantes e metálicos, a miúdo con algún tipo de deseño con marcas de cor crema ou marfil. Son máis abundantes e diversos en hábitats preto de corpos de auga con solos areosos e ás veces arxilosos; poden atoparse ao longo de cursos de ríos, e costas de mares e lagos, dunas areosas, arredor de leitos de lagos secos en bancos de arxila or en camiños de bosques.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra "Cicindela" procede do latín "cicindela", que significa 'vagalume'. Isto débese a que son escaravellos metálicos e ás veces escintilantes.[1]

Sistemática[editar | editar a fonte]

O xénero Cicindela é (no seu senso histórico amplo) o xénero máis grande da súa familia e está presente practicamente en todo o mundo. O status do xénero está nun constante estado cambiante, xa que varias autoridades de diferentes continentes teñen opinións completamente diferentes sobre cal das ducias de subxéneros tradicionalmente recoñecidos dentro do xénero merecen recibir o status de xénero independente (se o merece algún). Ademais, este é un dos poucos taxons de insectos no cal a categoría de subespecie foi utilizada repetidamente e practicamente non hai dúas clasificacións que traten consistentemente os varios membros do grupo sobre cales son especies e cales subespecies.

Tratado como un só xénero e mesmo cunha estimación bastante conservadora do número de especies, contén unhas 850[2] (ou poderiamos elevalo a 2.300),[3] polo que case equivalería á subtribo Cicindelina (W.Horn, 1908), e hai varios miles de nomes publicados que se aplican. Actualmente, a maioría dos subxéneros que figuran máis abaixo non están ben establecidos, sendo considerados xéneros por uns autores e subxéneros do xénero Cicindela por outros. Tendo en conta isto, o xénero divídese nos seguintes subxéneros:

O subxénero Cicindela (Cicindela), ou Cicindela sensu stricto contén as seguintes especies:

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Genus Cicindela". Bugguide. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 
  2. Cardoso, A, Vogler, A.P. DNA taxonomy, phylogeny and Pleistocene diversification of the Cicindela hybrida species group (Coleoptera: Cicindelidae). Molecular Ecology (2005) 14, 3531–3546
  3. Proença, S.J.R, Cytogenetic variability in three species of the genus Cicindela (s.l.) (Coleoptera, Cicindelidae): Karyotypes and localization of 18S rDNA genes.Genetics and Molecular Biology, 27, 4, 555-560 (2004)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Northeastern Tiger Beetles: A Field Guide to Tiger Beetles of New England and Eastern Canada by Jonathan G. Leonard and Ross T. Bell. CRC Press (1999).
  • Tiger Beetles of Alberta: Killers on the Clay, Stalkers on the Sand by John Acorn. University of Alberta Press, 2001.
  • Tiger Beetles: The Evolution, Ecology, and Diversity of the Cicindelids by David L. Pearson and Alfried P. Vogler. Cornell University Press, 2001.
  • A Field Guide to the Tiger Beetles of the United States and Canada by David L. Pearson, C. Barry Knisley and Charles J. Kazilek. Oxford University Press, 2005.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]