Polyphaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Polyphaga (polífagos) son a maior e máis diversa das subordes de escaravellos. Comprende 144 familias en 16 superfamilias, e mostra unha enorme variedade de especializacións e adaptacións, cunhas 350 000 especies descritas ou aproximadamente o 90% das especies de escaravellos ata agora descubertos.

As características clave dos Polyphaga son que a coxa traseira (base da pata) non divide a primeira e segunda placas abdominais/ventrais chamadas esternitos. Ademais a sutura notopleural (que se atopa baixo o escudo pronotal) non está presente.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome polyphaga deriva de dúas palabras gregas: poly-, que significa 'moitas' e phagein, que significa 'comer', polo que significa “comedores de moitas cousas”. Téñase en conta que en zooloxía polífago é un termo xeral aplicable a animais que comen varias cousas completamente distintas, pero aquí ten un significado taxonómico específico (un grupo de coleópteros que se alimenta así). Tamén hai un xénero de cascudas que se chama Polyphaga.

Clasificación[editar | editar a fonte]

As cinco principais infraordes son:

Os studos filoxenéticos indican que Scirtoidea (Scirtidae, Decliniidae), Clamboidea (Clambidae, Derodontidae, Eucinetidae), Rhinorhipus e Nosodendridae poderían ser liñaxes independentes de Polyphaga, que quedaría fóra destes grupos.[2]

A clasificación interna de Polyphaga comprende varias superfamilias ou series, cuxos constituíntes son relativamente estables, aínda que algunhas pequenas familias máis pequenas (cuxo rango é discutido) son situadas en diferentes clados por diferentes autores. As grandes superfamilias son: Hydrophiloidea, Staphylinoidea, Scarabaeoidea, Buprestoidea, Byrrhoidea, Elateroidea e Bostrichoidea.

A infraorde Cucujiformia inclúe a vasta maioría dos escaravellos fitófagos (que comen plantas), que teñen en común posuír túbulos de Malpighio criptonéfricos de tipo normal, un omatidio cónico cun rabdoma aberto e carecer de espiráculos funcionais no oitavo segmento abdominal. As superfamilias que constitúen Cucujiformia son: Cleroidea, Cucujoidea, Tenebrionoidea, Chrysomeloidea e Curculionoidea. Evidentemente, a adopción dun estilo de vida fitófago correlaciónase coa diversidade de taxons nos escaravellos, con Cucujiformia, especialmente os gurgullos (Curculionoidea), formando unha gran radiación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johnson, Norman F.; Triplehorn, Charles A. (2004). Borror and DeLong's Introduction to the Study of Insects (7th ed.). Belmont: Brooks/Cole. pp. 365–400, 428–429. ISBN 0-03-096835-6. 
  2. Cai, Chenyang; Tihelka, Erik; Giacomelli, Mattia; Lawrence, John F.; Ślipiński, Adam; Kundrata, Robin; Yamamoto, Shûhei; Thayer, Margaret K.; Newton, Alfred F.; Leschen, Richard A. B.; Gimmel, Matthew L.; Lü, Liang; Engel, Michael S.; Bouchard, Patrice; Huang, Diying (marzo de 2022). "Integrated phylogenomics and fossil data illuminate the evolution of beetles". Royal Society Open Science (en inglés) 9 (3): 211771. ISSN 2054-5703. PMC 8941382. PMID 35345430. doi:10.1098/rsos.211771. 
  • Cranston, Peter S.; Gullan, Penny J. (2009). "Phylogeny of Insects". En Resh, Vincent H.; Cardé, Ring T. Encyclopedia of Insects (Second ed.). Academic Press. pp. 780–793. ISBN 978-0-12-374144-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.