Mutualismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mutualismo servizo-servizo. Peixe pallaso e anemone de mar.

Mutualismo é, en Bioloxía e Ecoloxía, unha relación interespecífica na que dous organismos se benefician mutuamente. Precisamente, o concepto mutualismo deriva da axuda mutua que poden brindarse dous individuos que pertencen a diferentes especies. A relación de mutualismo é a miúdo temporal e, a diferenza da simbiose, a relación de mutualismo non é obrigada.