Zopherus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zopherus

Zopherus chilensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Zopheridae
Xénero: Zopherus
Gray, 1832
Especie tipo
Zopherus mexicanus Gray, 1832
Sinonimia

Zopherodes Casey, 1907
Megazopherus Casey, 1907
Zopherinus Casey, 1907

Zopherus nodulosus

Zopherus é un xénero de escaravellos da familia dos zoféridos que comprende 19 especies distribuídas en América do Norte. Están adaptados a perforar a madeira.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Zopherus procede do grego: zopher, que significaba 'escuro, fusco' ou 'gris'.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

Zooféridos utilizados como xoias.

As especies de Zopherus viven só en América, onde están distribuídos desde Venezuela ao sur dos Estados Unidos de América.[1] [2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Son longos e cilíndricos con exoesqueletos grosos. Os élitros son tan grosos que a miúdo cómpre perforar con trade un buraco para montar os espécimes para exposición.[3] As especies que viven ao norte de río Grande son case todas de cor uniformemente negra, mentres que as especies tropicais teñen todas un forte deseño de cores contrastantes negra e branca. A cabeza do animal está en gran parte agochada baixo o tórax. Os élitros está fusionados, o que fai que os Zopherus non poidan voar.[3][4]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

As especies de Zopherus están adaptadas a perforar a madeira, algunhas especies mesmo poden perforar madeira san, pero outras só madeira morta.[4] Z. tristis vive baixo a codia de Tamarix no deserto do Colorado, mentres que Z. granicollis perfora no colo das raíces de Pinus jeffreyi e Pinus monophylla.[2]

Uso como xoias vivas[editar | editar a fonte]

A especie Zopherus chilensis do Iucatán, México foi utilizada en xoiaría como unha xoia viva.[5]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero Zopherus comprende especies que previamente estaban encadradas noutros xéneros, Megazopherus, Zopherinus e Zopherodes, todos os cales foron agora sinonimizados dentro de Zopherus. Moitas das especies tamén foron coñecidas por diversos sinónimos taxonómicos.[3] O xénero foi creado inicialmente en 1832 por George Robert Gray, usando a ortografía Zopheros. Isto foi despois emendado por Laporte de Castelnau á transliteración máis usual Zopherus; non obstante, a autoría debe adxudicárselle a Gray e non a Laporte, como moitos autores teñen feito.[3]

Especies[editar | editar a fonte]

Charles A. Triplehorn recoñeceu 19 especies na súa monografía de 1972:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mike Quinn (6 de setembro de 2008). "Southwestern Ironclad Beetle Zopherus nodulosus haldemani Horn". Texas Beetle Information. Consultado o 31 de marzo 2010. 
  2. 2,0 2,1 Arthur V. Evans & James N. Hogue (2006). Field guide to beetles of California. Volume 88 of California natural history guides. University of California Press. pp. 221. ISBN 978-0-520-24657-7. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Charles A. Triplehorn (1972). "A review of the genus Zopherus of the world (Coleoptera: Tenebrionidae)" (PDF). Smithsonian Contributions to Zoology 108: 1–20. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2023.  Arquivado 27 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  4. 4,0 4,1 Michael A. Ivie (2002). "105. Zopheridae". En Ross H. Arnett & Michael Charles Thomas. American Beetles: Polyphaga: Scarabaeoidea through Curculionoidea. Volume 2 of American Beetles. CRC Press. pp. 457–462. ISBN 978-0-8493-0954-0. 
  5. Observaciones sobre la biología del Maquech, Zopherus chilensis Gray, 1832 (Coleoptera: Zopheridae) en Yucatán, México. Jesús Miss e Enrique Reyes Novelo Consultado o 14 de xuño de 2012.