Necrófago (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un voitre comendo carne dun animal morto

Un necrófago ou carroñeiro é un animal carnívoro que se alimenta parcial ou totalmente de cadáveres matados por outros animais, normalmente depredadores.

Etimoloxicamente, a palabra necrófago provén do grego νεκροφάγος nekrophágos, onde nekro significa "morto" e phagos "comer". No caso de nutrirse tamén de plantas mortas denomínase saprófito. Se o cadáver é da súa mesma especie, chámase caníbal.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Os animais necrófagos teñen un sentido do olfacto moi desenvolvido e o seu corpo está preparado para tragar enormes cantidades de bacterias. Algunhas especies comezan a comer o cadáver cando este alcanzou un certo grao de descomposición.

Importancia Ecolóxica[editar | editar a fonte]

Son moi importantes ecoloxicamente porque ó comer seres mortos limpan o ambiente de probables infeccións producidas pola materia orgánica morta e descomposta. Ademais, os restos deixados polos animais necrófagos son despois usados polos descompoñedores.

Necrofaxia nos humanos[editar | editar a fonte]

Nos seres humanos, a necrofaxia é un tabú na maioría das sociedades. Porén, houbo moitos casos na historia, especialmente en tempos de guerra, na que a necrofaxia era un método de supervivencia. Comer carne humana, práctica coñecida como antropofaxia ou, máis comunmente, como canibalismo, está extremadamente prohibido en case todas as culturas.

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • Exemplos de animais necrófagos son: os voitres, os cóndores, os armadillos e os chacais, ademais de numerosos insectos.
  • Moitos dos grandes carnívoros que cazan con regularidade, como as hienas e os leóns, recollen carne morta se teñen a oportunidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]