Hexápodos
Hexápodos Hexapoda Rango fósil: Devoniano temperán - actualidade [1] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mosca da carne | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Clases | |||||||||||
Os hexápodos (Hexapoda) son un subfilo [2] (ou unha superclase, segundo os autores) de artrópodos, o que máis especies agrupa, xa que inclúe aos insectos (1 millón de especies),[3] así como a varios grupos de artrópodos estreitamente relacionados con estes, como os proturos, os dipluros e os colémbolos (unhas 9.000 especies entre os tres).[3]
O nome do grupo está formado polos elementos hexa- e -poda, tirados dos gregos ἕξα-, de héx, "seis", e -πoδα, poda, de πούς, ποδός poús, podós, "perna", respectivamente, e fai referencia á máis distintiva das súas características, a presenza dun tórax consolidado con tres pares de patas, unha cantidade sensibelmente inferior á da maioría dos artrópodos.
Características
[editar | editar a fonte]Os hexápodos teñen unha rexionalización (tagmose) característica, na que o corpo aparece dividido en tres rexións ou tagmas:[4] cabeza, tórax e abdome.
Especialmente significativa é a distinción de dúas partes detrás da cabeza, das cales só o tórax, formado por tres segmentos, leva outros tantos pares de apéndices locomotores.
O abdome está formado como máximo de once segmentos. En xeral, o abdome non leva apéndices, aínda que en certos grupos subsisten algúns (estilos dos dipluros, furcas dos colémbolos).
A respiración faise a través dun sistema de traqueas. A excreción realízase mediante os tubos de Malpighi, derivados do ectoderma.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Clasificación clásica
[editar | editar a fonte](Tirada de Lecointre e Le Guyader)[5]
- Subfilo Hexapoda
- Clase Collembola
- Clase Diplura
- Clase Protura
- Clase Insecta
- Orde Archaeognatha
- Orde Zygentoma
- Subclase Pterygota
- Infraclase Palaeoptera
- Orde Ephemeroptera
- Orde Odonata
- Infraclase Neoptera
- Orde Coleoptera
- Orde Dermaptera
- Orde Dictyoptera
- Orde Diptera
- Orde Embiidina
- Orde Grylloblattodea
- Orde Hemiptera
- Orde Hymenoptera
- Orde Lepidoptera
- Orde Mantophasmatodea
- Orde Mecoptera
- Orde Megaloptera
- Orde Neuroptera
- Orde Orthoptera
- Orde Phasmida
- Orde Phthiraptera
- Orde Plecoptera
- Orde Psocoptera
- Orde Raphidioptera
- Orde Siphonaptera
- Orde Strepsiptera
- Orde Thysanoptera
- Orde Trichoptera
- Orde Zoraptera
- Infraclase Palaeoptera
Filoxenia
[editar | editar a fonte]A filoxenia e, consecuentemente, a clasificación dos hexápodos foi e segue a ser controvertida. O principal problema radica basicamente na posición dos dipluros, xa que non parece haber dúbidas sobre a monofilia do clado Collembola+Protura (denominado ás veces Ellipura).
De considerarse que os dipluros están máis relacionados con colémbolos e proturos (cladograma A), aparece o clado Entognatha, que agruparía os hexápodos con pezas bucais parcialmente ocultas dentro da cápsula cefálica; o seu clado irmán sería Ectognatha, que inclúe só aos insectos, con pezas bucais expostas.[6]
Porén, hai evidencias (cercos filamentosos, ultraestrutura dos espermatozoides) de que os dipluros poden ser o grupo irmán dos insectos (cladograma B).[6] O clado denominaouse Euentomata.[7] O cladograma C sería unha solución de compromiso entre os cladogramas A e B, até que se resolvan as mencionadas incertezas:[6]
Dúas posíbeis clasificacións que se desprenden do cladograma C son as seguintes:
Clasificación 1:
Superclase Hexapoda
- Clase Collembola
- Clase Protura
- Clase Diplura
- Clase Insecta
Clasificación 2;
Superclase Hexapoda
- Clase Ellipura
- Orde Collembola
- Orde Protura
- Clase Diplura
- Clase Insecta
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaunt, M. W. e Miles, M. A. (2002): "An Insect Molecular Clock Dates the Origin of the Insects and Accords with Palaeontological and Biogeographic Landmarks". Molecular Biology and Evolution 19 (5): 748–761. Resumo.
- ↑ Brusca & Brusca (2005).
- ↑ 3,0 3,1 Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. (Resumo) Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618.
- ↑ Do latín científico tagma, e este do grego τάγμα tágma "corpo de tropas", "clase", "orde", derivado de τάσσω tássō, "ordenar", "colocar en orde".
- ↑ Guillaume Lecointre, Guillaume e Hervé Le Guyader (2006):Classification phylogénétique du vivant. 3ª ed. Paris: Éditions Belin. ISBN 2-7011-4273-3.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Tree of Life, Hexapoda Arquivado 14 de marzo de 2008 en Wayback Machine..
- ↑ "Systema Naturae 2000". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hexápodos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hexápodos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
- Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hexapoda en Tree of Life. Con informacións sobre o grupo e discusións sobre as relacións filoxenétticas. (en inglés) Consultada o 13/01/2013.
- Hexapoda en Fauna Europaea. (en inglés) Consultada o 13/01/2013.
- Hexapoda en ITIS. Consultada o 12/02/2021.
- Hexapoda en World Register od Marine Species (+ Lista de especies (en inglés) Consultadas o 13/01/2013.
- Hexapoda en Animal Diversity Web (en inglés) Consultadas o 13/01/2013.
- Hexapoda en NCBI. (en inglés) Consultada o 13/01/2013.