Saltar ao contido

Protórax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pronoto»)
Pronoto dun coleóptero.

En entomoloxía denomínase protórax ao primeiro dos tres segmentos do tórax dun insecto, situado entre a cabeza e o mesotórax, que é o portador do primeiro par de patas.[1]

Estrutura e características

[editar | editar a fonte]

Os seus principais escleritos (placas exoesqueléticas) son o pronoto (na rexión dorsal),[2] o prosterno (na rexión ventral), e as propleuras (nas partes laterais de cada lado).

O protórax nunca porta ás nos insectos actuais,[1] aínda que algúns grupos fósiles posuían aleróns homólogos das ás verdadeiras, como no caso dos Palaeodictyoptera. Todos os insectos adultos teñen patas no protórax, aínda que nuns poucos grupos, como nas bolboretas da familia dos ninfálidos as patas dianteiras están moi reducidas.

En moitos grupos de insectos o pronoto está reducido en tamaño, pero nuns poucos está hipertrofiado, como é o caso dos coleópteros, onde se expande para formar toda a superficie dorsal do tórax, e de moitos membrácidos (hemípteros), onde o pronoto está expandido orixinando raras formas, que perfeccionan o seu mimetismo ou cripse.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carlos Garrido (1997): Dicionário Terminológico Quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados. Alemám, Inglês, Espanhol, Galego-Português. A Coruña: AGAL. ISBN: 84-8730-512-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]