Saltar ao contido

Dicondylia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dicondylia
 Nome taxon
    Dicondylia
Willi Hennig 1953 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Estudado por
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
SubreinoBilateria
FiloArthropoda
SubfiloHexapoda
Sen valorDicondylia Editar o valor en Wikidata
Hennig, 1953 Dicondylia Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 396 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
ITIS563888 Editar o valor en Wikidata
OTT983656 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Dicondylia é un grupo que inclúe todos os insectos excepto os Archaeognatha. Os membros de Dicondylia teñen unha mandíbula unida por dúas articulacións á cápsula da cabeza (son dicóndilos), a diferenza da mandíbula orixinal máis primitiva que ten unha soa articulación (monocóndilos).

Mandíbula dicóndila e outras características

[editar | editar a fonte]

O taxon distínguese pola posesión dunha mandíbula modificada cunha canle de articulación adicional, que tamén cambia as insercións musculares das pezas bucais e permite un movemento modificado da mandíbula comparada con outras mandíbulas de artrópodos (crustáceos, miriápodos, arqueógnatos). A denominada mandíbula dicóndila ten dúas articulacións por medio das cales se une á cápsula da cabeza, mentres que outros taxons teñen unha soa articulación.[1][2]

Ademais desta característica principal, todos os membros de Dicondylia teñen outras características comúns. Teñen unha sutura occipital continua e unha articulación adicional entre as patas superiores e inferiores.[2] Na base do tubo ovipositor teñen un esclerito adicional, chamado gonángulo, que lles permite mellorar a coordinación do movemento das gonapófises. Ademais, todos estes insectos teñen un tarso formado por cinco pezas[2] e presentan estilos no máximo nos dous últimos segmentos abdominais. Outra característica común ten que ver co desenvolvemento embriolóxico: todos os Dicondylia forman unha cavidade amniótica pechada arredor do embrión, producindo dúas cubertas embrionarias completas (o amnio e a serosa).

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Os Dicondylia inclúen todos os insectos voadores (Pterygota) e os Zygentoma (lepisma etc. non voadores) que anteriormente estaban clasificados xunto cos Archaeognatha na antiga orde agora desbotada dos Thysanura.

O taxon Dicondylia contén os seguintes grupos de insectos:[3]

  1. Merkmale nach Klausnitzer 1997.
  2. 1 2 3 Ward C. Wheeler, Michael Whiting, Quentin D. Wheeler, James M. Carpenter: The Phylogeny of the Extant Hexapod Orders. Cladistics 17, 2001; S. 113–169. (PDF).
  3. Systematik nach Klausnitzer 1997.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bernhard Klausnitzer: Insecta (Hexapoda), Insekten In Westheide, Rieger (Hrsg.): Spezielle Zoologie Teil 1: Einzeller und Wirbellose Tiere. Gustav Fischer Verlag, Stuttgart, Jena 1997; S. 626f.