Elatéridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elateridae
Estafilínidos adultos e larvas Esquerda: Agriotes mancus Dereita Horistonotus uhlerii
Estafilínidos adultos e larvas
Esquerda: Agriotes mancus
Dereita Horistonotus uhlerii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Superfamilia: Elateroidea
Familia: Elateridae
Leach, 1815
Subfamilias[1]

Agrypninae
Cardiophorinae
Campyloxeninae
Cebrioninae
Dendrometrinae
Elaterinae
Eudicronychinae
Hemiopinae
Lissominae
Morostomatinae
Negastriinae
Oxynopterinae
Physodactylinae
Pityobiinae
Semiotinae
Subprotelaterinae
Thylacosterninae

Sinonimia

Ampedidae
Campylidae
Cavicoxumidae
Ludiidae
Monocrepidiidae
Pangauridae
Phyllophoridae
Prosternidae
Pyrophoridae
Synaptidae

Aspecto lateral dun membro típico dos Elateridae. Xusto baixo a base das ás está o aparato de catapulta, é visible a silueta do "proceso" en contacto coa "cavidade" na cal este se desliza para forzar o impacto cando é necesario

Os elatéridos (Elateridae) son unha familia de escaravellos. Esta familia foi definida por William Elford Leach en 1815. Son un grupo de escaravellos cosmopolitas caracterizados polo pouco común mecanismo de "catapulta" que posúen. Hai algunhas familias estreitamene relacionadas entre si nas cales algúns membros teñen o mesmo mecanismo, pero entre os elatéridos todos o teñen. Unha espiña no prosterno pode ser encaixada e soltada na súa correspondente amosega no mesosterno, producindo un violento impulso que pode facer saltar ao escaravello no aire.[2] Este tipo de saltos utilízanse principalmente para evitar a predación, aínda que son tamén útiles cando o escaravello está sobre o seu dorso e necesita poñerse dereito. Coñécense unhas 9 300 especies en todo o mundo.[3][4]

Descrición e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Os elatéridos poden ser grandes e coloridos, pero a maioría teñen menos de 2 centímetros de longo e son de cores claras e con diversos debuxos. Os adultos son normalmente nocturnos e fitófagos, pero raramente de importancia económica. Nas noites cálidas poden entrar nas casas, pero non son pragas. As súa larvas son longas e finas e usualmente saprófagas, vivindo sobre organismos mortos, pero algunhas especies son pragas agrícolas graves e outras son predadores activos doutras larvas de insectos. Algúns elatéridos son bioluminescentes tanto na forma larvaria coma na adulta, como os do xénero Pyrophorus.

As larvas son delgadas, alongadas, cilíndricas ou algo aplanadas, con corpos relativamene duros, que lembran un pouco a larvas de tenebriónidos. Os tres pares de patas nos segmentos torácicos son curtas e o último segmento abdominal, como é frecuente en larvas de escaravellos, está dirixido cara abaixo e pode servir como propata terminal nalgunhas especies. O noveno segmento, o máis traseiro, é bicudo en larvas de Agriotes, Dalopius e Melanotus, mais é bífido debido á denominada amosega caudal en Selatosomus (anteriormente chamado Ctenicera), Limonius, Hypnoides e Athous.[5] O dorso do noveno segmento abdominal pode tamén ter un proceso agudo, como nos Oestodini, incluíndo o xénero Drapetes e Oestodes. Aínda que algunhas especies completan o seu desenvolvemento nun ano (por exemplo, Conoderus), as larvas xeralmente pasan tres ou catro anos no solo, alimentándose de vexetación en descomposición e das raíces das plantas, e a miúdo causando danos ás colleitas agrícolas como as de pataca, amorodos, millo e trigo.[6][7] Os hábitos subterráneos destas larvas, a súa capacidade de localizar rapidamente o alimento seguindo os gradientes de dióxido de carbono producidos pola materia vexetal no solo,[8] e a súa salientable habilidade para recuperarse de enfermidades inducidas pola exposición a insecticidas (ás veces despois de moitos meses),[9] fan que sexa difícil de exterminar unha vez que empezou a atacar unha colleita. As larvas poden pasar doadamente a través do solo debido á súa forma e propensión a seguir túneles preexistentes,[10] e pode viaxar de planta a planta, estragando as raíces de moitas plantas en pouco tempo. Os métodos para o control de pragas inclúen a rotación de cultivos e limpar a terra de insectos antes da sementeira.

Outros animais subteráneos como as larvas de tipúlidos, que carecen de patas, e cempés xeofílidos, que teñen moitas, confúndense ás veces con estas larvas de seis patas.

Xéneros seleccionados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bouchard, P.; Bousquet, Y.; Davies, A.; Alonso-Zarazaga, M.; Lawrence, J.; Lyal, C.; Newton, A.; Reid, C.; Schmitt, M.; Ślipiński, A.; Smith, A. (2011). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". ZooKeys 88: 1–972. PMC 3088472. PMID 21594053. doi:10.3897/zookeys.88.807. 
  2. How the click beetle jumps from the back !. Myrmecofourmis.fr on Youtube. 2015. Consultado o 3 December 2015. 
  3. Schneider, M. C.; et al. (2006). "Evolutionary chromosomal differentiation among four species of Conoderus Eschscholtz, 1829 (Coleoptera, Elateridae, Agrypninae, Conoderini) detected by standard staining, C-banding, silver nitrate impregnation, and CMA3/DA/DAPI staining". Genetica 128 (1–3): 333–346. PMID 17028962. doi:10.1007/s10709-006-7101-5. 
  4. Majka, C. G.; P. J. Johnson (2008). "The Elateridae (Coleoptera) of the Maritime Provinces of Canada: faunal composition, new records, and taxonomic changes" (PDF excerpt). Zootaxa 1811: 1–33. 
  5. van Herk, W. (March 12, 2009). "Limonius: wireworm research site". Consultado o January 22, 2011. 
  6. R. S. Vernon; W. van Herk; J. Tolman; H. Ortiz Saavedra; M. Clodius; B. Gage (2008). "Transitional sublethal and lethal effects of insecticides after dermal exposures to five economic species of wireworms (Coleoptera: Elateridae)". Journal of Economic Entomology 101 (2): 365–374. PMID 18459400. doi:10.1603/0022-0493(2008)101[365:TSALEO]2.0.CO;2. 
  7. William E. Parker; Julia J. Howard (2001). "The biology and management of wireworms (Agriotes spp.) on potato with particular reference to the U.K.". Agricultural and Forest Entomology 3 (2): 85–98. doi:10.1046/j.1461-9563.2001.00094.x. 
  8. J. F. Doane; Y. W. Lee; N. D. Westcott; J. Klingler (1975). "The orientation response of Ctenicera destructor and other wireworms (Coleoptera: Elateridae) to germinating grain and to carbon dioxide". Canadian Entomologist 107 (12): 1233–1252. doi:10.4039/Ent1071233-12. 
  9. W. G. van Herk; R. S. Vernon; J. H. Tolman; H. Ortiz Saavedra (2008). "Mortality of a wireworm, Agriotes obscurus (Coleoptera: Elateridae), after topical application of various insecticides". Journal of Economic Entomology 101 (2): 375–383. PMID 18459401. doi:10.1603/0022-0493(2008)101[375:moawao]2.0.co;2. 
  10. Willem G. van Herk; Robert S. Vernon (2007). "Soil bioassay for studying behavioral responses of wireworms (Coleoptera: Elateridae) to inecticide-treated wheat seed". Environmental Entomology 36 (6): 1441–1449. PMID 18284772. doi:10.1603/0046-225X(2007)36[1441:SBFSBR]2.0.CO;2. 
  • Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Wireworm". Encyclopædia Britannica (11th ed.). Cambridge University Press.
  • Rines, George Edwin, ed. (1920). "Click Beetle". Encyclopedia Americana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Na páxina web "Featured Creatures" da Universidade de Florida / Instituto de Ciencias da Alimentación e Agricultura: