Oedemera nobilis
Oedemera nobilis | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Oedemera nobilis é unha especie de escaravellos da familia Oedemeridae,[1][2] unha especie común en Europa occidental, incluíndo o sur de Inglaterra.[3][4]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O macho de Oedemera nobilis, como na maioría das especies de Oedemera, posúe uns fémures posteriores moi inchados, mentres que nas femias son delgados; os élitros están moi estreitados cara aos ápices e non ocultan o segundo par de ás membranosas. É de cor verde viva, frecuentemente cun ton dourado ou cobre; algúns individuos son azuis ou violetas. Só se pode confundir con Oedemera flavipes, do cal difire na súa cor, así como pola longa pubescencia branca da cabeza, pronoto e tibias posteriores dos machos.
Bioloxía e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Abunda en primavera sobre varias especies de flores; os machos son moi rechamantes polos seus fémures inchados e cor verde brillante. Aliméntase de pole e néctar de plantas Asteraceae, Cyperaceae, Convolvulaceae, Cruciferae, Dipsacaceae, Scrophulariaceae, Poaceae, Papaveraceae, Plantaginaceae, Rosaceae, Rubiaceae e Apiaceae. As larvas desenvólvense en talos secos de Spartium e Cirsium.
Distribución
[editar | editar a fonte]Europa occidental e do sur, desde a Península Ibérica a Grecia; é moi común nos países mediterráneos e penetra en Europa central ata a metade de Alemaña e as Illas Británicas; chega a Dinamarca, onde é raro e esporádico. Tamén se rexistrou no Maghreb. Está ausente nos países alpinos e no leste de Europa.[4]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Macho de Oedemera nobilis nunha Rosaceae
-
Femia de Oedemera nobilis en Galicia cos seus fémures delgados
-
Macho de Oedemera nobilis en Galicia cun brillo de cobre na cabeza e pronoto
-
Macho de Oedemera flavipes, sempre de cor máis escura que Oedemera nobilis
-
Oedemera nobilis, macho (Monte Calvo, Val della Torre, preto de Turín, Italia)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "False Oil Beetle - Oedemera nobilis". Brickfields Country Park. 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014.
- ↑ "Swollen-thighed Beetle - Oedemera nobilis". NatureSpot. 2014. Consultado o 29 de maio de 2020.
- ↑ Vázquez, X. A. 1993. Coleoptera: Oedemeridae, Pyrochroidae, Pythidae, Mycteridae. Fauna Ibérica, vol. 5. Ramos, M. A. et al. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, CSIC, Madrid, 181 pp. ISBN 84-00-06109-8
- ↑ 4,0 4,1 Vázquez, X. A. 2002. Fauna of European Oedemeridae. Argania editio, Barcelona, 178 pp. ISBN 84-931847-4-8
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oedemera nobilis |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Oedemera nobilis |