O Ceará é un Estado da Rexión Nordeste do Brasil. Ten por límites o Océano Atlántico ao norte e nordeste; o Río Grande do Norte e a Paraíba ao leste; o estado de Pernambuco ao sur; e o Piauí ao oeste. A súa área corresponde a 9,37% da área do Nordeste e 1,7% da superficie do Brasil.
O estado está rodeado por serras e chapadas, estas últimas son relevos planos de arenito: o seu límite oeste é a Serra de Ibiapaba, ao leste a Chapada do Apodi, ao sur a Chapada do Araripe e ó norte o Océano Atlántico. Esta é a razón pola cal coñéceselle á rexión central do estado polo nome de Depresión Sertaneja. As serras e inselbergs (montes illas), que se elevan da Depresión Sertaneja son, respectivamente, formacións montañosas de orixe sedimentaria, e rochedos cristalinos.
- Vexetación
Ceará predomina a Caatinga, un bioma semiárido exclusivamente brasileiro, caracterizado por ter o seu período de choivas restrinxido en 3 a 4 meses do ano e unha considerable biodiversidade. Dadas as características deste bioma, existe flora e fauna adaptada ás súas condicións ambientais.
- Clima e temperaturas
O clima predominante do Ceará é semiárido. Polo menos durante 9 meses do ano non se rexistran choivas, e a temperatura media alcanza 29 °C nalgunhas rexións próximas á cidade de Crateús. Nalgunhas ocasións as secas poden durar máis dun ano. Nos meses de choiva, que ocorren normalmente de febreiro a maio, as temperaturas diminúen un pouco, roldan unha media de 25 °C. As rexións máis elevadas e o litoral gozan dun clima menos insalubre, cunha temperatura e humidade máis favorable á vexetación. A temperatura media do litoral varía de 23 °C a 28 °C, mentres que nas serras esta varía entre 20 °C e 25 °C. A temperatura en Fortaleza presenta unha media mínima de 23 °C, mínima absoluta de 19 °C, media máxima de 27 °C, e máxima absoluta de 32 °C. A temperatura máis baixa do estado foi de 8 °C, rexistrada no municipio de Jardim.
Mapa
|
Municipio[1]
|
Área
|
Mesorrexión
|
Microrrexión
|
|
Abaiara |
179,906 |
Sul |
Brejo Santo
|
|
Acarape |
155,188 |
Norte |
Baturité
|
|
Acaraú |
842,884 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Acopiara |
2.265,316 |
Sertões |
Sertão de Senador Pompeu
|
|
Aiuaba |
2.434,414 |
Sertões |
Sertão de Inhamuns
|
|
Alcântaras |
138,598 |
Noroeste |
Meruoca
|
|
Altaneira |
73,296 |
Sul |
Caririaçu
|
|
Alto Santo |
1.338,743 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Amontada |
1.179,590 |
Norte |
Itapipoca
|
|
Antonina do Norte |
260,101 |
Centro-sul Cearense |
Várzea Alegre
|
|
Apuiarés |
565,1 |
Norte |
Médio Curu
|
|
Aquiraz |
480,976 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Aracati |
1.229,194 |
Jaguaribe |
Litoral de Aracati
|
|
Aracoiaba |
656,532 |
Norte |
Baturité
|
|
Ararendá |
354,7 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Araripe |
1.347,047 |
Sul |
Chapada do Araripe
|
|
Aratuba |
142,538 |
Norte |
Baturité
|
|
Arneiroz |
1.066,426 |
Sertões |
Sertão de Inhamuns
|
|
Assaré |
1.116,320 |
Sul |
Chapada do Araripe
|
|
Aurora |
885,827 |
Sul |
Barro
|
|
Baixio |
146,442 |
Centro-Sul Cearense |
Lavras da Mangabeira
|
|
Banabuiú |
1.079,987 |
Sertões |
Sertão de Quixeramobim
|
|
Barbalha |
479,184 |
Sul |
Cariri
|
|
Barreira |
245,946 |
Norte |
Chorozinho
|
|
Barro |
709,655 |
Sul |
Barro
|
|
Barroquinha |
383,426 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Baturité |
308,780 |
Norte |
Baturité
|
|
Beberibe |
1 616,389 |
Norte |
Cascavel
|
|
Bela Cruz |
841,718 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Boa Viagem |
2.836,774 |
Sertões |
Sertão de Quixeramobim
|
|
Brejo Santo |
661,959 |
Sul |
Brejo Santo
|
|
Camocim |
1.123,937 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Campos Sales |
1.082,771 |
Sul |
Chapada do Araripe
|
|
Canindé |
3.218,423 |
Norte |
Canindé
|
|
Capistrano |
194,797 |
Norte |
Baturité
|
|
Caridade |
846,373 |
Norte |
Canindé
|
|
Cariré |
756,893 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Caririaçu |
623,823 |
Sul |
Caririaçu
|
|
Cariús |
1 061,825 |
Centro-Sul Cearense |
Várzea Alegre
|
|
Carnaubal |
364,750 |
Noroeste |
Ibiapaba
|
|
Cascavel |
837,967 |
Norte |
Cascavel
|
|
Catarina |
486,859 |
Sertões |
Sertão de Inhamuns
|
|
Catunda |
790,483 |
Noroeste |
Santa Quitéria
|
|
Caucaia |
1.227,895 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Cedro |
725,786 |
Centro-Sul Cearense |
Iguatu
|
|
Chaval |
238,228 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Choró |
815,759 |
Sertões |
Sertão de Quixeramobim
|
|
Chorozinho |
278,400 |
Norte |
Chorozinho
|
|
Coreaú |
775,746 |
Noroeste |
Coreaú
|
|
Crateús |
2.985,411 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Crato |
1 009,202 |
Sul |
Cariri
|
|
Croatá |
700,356 |
Noroeste |
Ibiapaba
|
|
Cruz |
334,833 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Deputado Irapuan Pinheiro |
470,421 |
Sertões |
Sertão de Senador Pompeu
|
|
Ererê |
382,730 |
Jaguaribe |
Serra do Pereiro
|
|
Eusébio |
78,65 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Farias Brito |
503,574 |
Sul |
Caririaçu
|
|
Forquilha |
516,988 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Fortaleza |
313,140 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Fortim |
280,184 |
Jaguaribe |
Litoral de Aracati
|
|
Frecheirinha |
181,240 |
Noroeste |
Coreaú
|
|
General Sampaio |
206,198 |
Norte |
Médio Curu
|
|
Graça |
281,890 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Granja |
2.697,202 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Granjeiro |
100,135 |
Sul |
Caririaçu
|
|
Groaíras |
155,963 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Guaiúba |
267,203 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Guaraciaba do Norte |
611,463 |
Noroeste |
Ibiapaba
|
|
Guaramiranga |
59,471 |
Norte |
Baturité
|
|
Hidrolândia |
966,572 |
Noroeste |
Santa Quitéria
|
|
Horizonte |
159,972 |
Metropolitana de Fortaleza |
Pacajus
|
|
Ibaretama |
877,25 |
Sertões |
Sertão de Quixeramobim
|
|
Ibiapina |
414,902 |
Noroeste |
Ibiapaba
|
|
Ibicuitinga |
424,242 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Icapuí |
428,688 |
Jaguaribe |
Litoral de Aracati
|
|
Icó |
1 871,980 |
Centro-sul Cearense |
Iguatu
|
|
Iguatu |
1 029,002 |
Centro-sul Cearense |
Iguatu
|
|
Independência |
3.218,641 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Ipaporanga |
701,990 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Ipaumirim |
273,696 |
Centro-sul Cearense |
Várzea Alegre
|
|
Ipu |
630,468 |
Noroeste |
Ipu
|
|
Ipueiras |
1.474,108 |
Noroeste |
Ipu
|
|
Iracema |
822,833 |
Jaguaribe |
Serra do Pereiro
|
|
Irauçuba |
1.461,22 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Itaiçaba |
209,490 |
Jaguaribe |
Litoral de Aracati
|
|
Itaitinga |
150,788 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Itapajé |
439,501 |
Norte |
Uruburetama
|
|
Itapipoca |
1.614,682 |
Norte |
Itapipoca
|
|
Itapiúna |
588,684 |
Norte |
Baturité
|
|
Itarema |
720,668 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Itatira |
783,347 |
Norte |
Canindé
|
|
Jaguaretama |
1.759,722 |
Jaguaribe |
Médio Jaguaribe
|
|
Jaguaribara |
668,291 |
Jaguaribe |
Médio Jaguaribe
|
|
Jaguaribe |
1.876,793 |
Jaguaribe |
Médio Jaguaribe
|
|
Jaguaruana |
867,251 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Jardim |
457,034 |
Sul |
Cariri
|
|
Jati |
312,584 |
Sul |
Brejo Santo
|
|
Jijoca de Jericoacoara |
201,858 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Juazeiro do Norte |
248,558 |
Sul |
Cariri
|
|
Jucás |
937,180 |
Centro-Sul Cearense |
Várzea Alegre
|
|
Lavras da Mangabeira |
947,957 |
Centro-Sul Cearense |
Lavras da Mangabeira
|
|
Limoeiro do Norte |
751,535 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Madalena |
1.034,773 |
Sertões |
Sertão de Quixeramobim
|
|
Maracanaú |
105,696 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Maranguape |
590,824 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Marco |
574,148 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Martinópole |
298,948 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Massapê |
571,531 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Mauriti |
1.111,856 |
Sul |
Barro
|
|
Meruoca |
144,940 |
Noroeste |
Meruoca
|
|
Milagres |
546,637 |
Sul |
Brejo Santo
|
|
Milhã |
502,036 |
Sertões |
Sertão de Senador Pompeu
|
|
Miraíma |
699,588 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Missão Velha |
651,108 |
Sul |
Cariri
|
|
Mombaça |
2.119,46 |
Sertões |
Sertão de Senador Pompeu
|
|
Monsenhor Tabosa |
886,30 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Morada Nova |
2.779,229 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Moraújo |
415,614 |
Noroeste |
Coreaú
|
|
Morrinhos |
408,878 |
Noroeste |
Litoral de Camocim e Acaraú
|
|
Mucambo |
190,538 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Mulungu |
134,594 |
Norte |
Baturité
|
|
Nova Olinda |
284,404 |
Sul |
Cariri
|
|
Nova Russas |
741,4 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Novo Oriente |
949,206 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Ocara |
765,366 |
Norte |
Chorozinho
|
|
Orós |
576,269 |
Centro-Sul |
Iguatu
|
|
Pacajus |
254,435 |
Metropolitana de Fortaleza |
Pacajus
|
|
Pacatuba |
132,427 |
Metropolitana de Fortaleza |
Fortaleza
|
|
Pacoti |
111,959 |
Norte |
Baturité
|
|
Pacujá |
76,100 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Palhano |
442,79 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Palmácia |
117,816 |
Norte |
Baturité
|
|
Paracuru |
303,253 |
Norte |
Baixo Curu
|
|
Paraipaba |
301,123 |
Norte |
Baixo Curu
|
|
Parambu |
2.303,402 |
Sertões |
Sertão de Inhamuns
|
|
Paramoti |
482,648 |
Norte |
Canindé
|
|
Pedra Branca |
1.303,273 |
Sertões |
Sertão de Senador Pompeu
|
|
Penaforte |
190,428 |
Sul |
Brejo Santo
|
|
Pentecoste |
1.378,295 |
Norte |
Médio Curu
|
|
Pereiro |
432,881 |
Jaguaribe |
Serra do Pereiro
|
|
Pindoretama |
72,855 |
Norte |
Cascavel
|
|
Piquet Carneiro |
587,887 |
Sertões |
Sertão de Senador Pompeu
|
|
Pires Ferreira |
242,191 |
Noroeste |
Ipu
|
|
Poranga |
1.309,274 |
Noroeste |
Ipu
|
|
Porteiras |
217,570 |
Sul |
Cariri
|
|
Potengi |
338,723 |
Sul |
Chapada do Araripe
|
|
Potiretama |
409,238 |
Jaguaribe |
Serra do Pereiro
|
|
Quiterianópolis |
1.040,955 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Quixadá |
2.019,816 |
Sertões |
Sertão de Quixeramobim
|
|
Quixelô |
559,760 |
Centro-Sul Cearense |
Iguatu
|
|
Quixeramobim |
3.275,838 |
Sertões |
Sertão de Quixeramobim
|
|
Quixeré |
616,825 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Redenção |
225,626 |
Norte |
Baturité
|
|
Reriutaba |
383,119 |
Noroeste |
Ipu
|
|
Russas |
1.588,105 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Saboeiro |
1.383,472 |
Sertões |
Sertão de Inhamuns
|
|
Salitre |
899,824 |
Sul |
Chapada do Araripe
|
|
Santa Quitéria |
4.260,681 |
Noroeste |
Santa Quitéria
|
|
Santana do Acaraú |
969,323 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Santana do Cariri |
768,768 |
Sul |
Cariri
|
|
São Benedito |
338,149 |
Noroeste |
Ibiapaba
|
|
São Gonçalo do Amarante |
834,394 |
Norte |
Baixo Curu
|
|
São João do Jaguaribe |
280,436 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
São Luís do Curu |
122,420 |
Norte |
Médio Curu
|
|
Senador Pompeu |
1.002,127 |
Sertões |
Sertão de Senador Pompeu
|
|
Senador Sá |
430,580 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Sobral |
2.129,989 |
Noroeste |
Sobral
|
|
Solonópole |
1.536,158 |
Sertões |
Sertão de Senador Pompeu
|
|
Tabuleiro do Norte |
86.194 |
Jaguaribe |
Baixo Jaguaribe
|
|
Tamboril |
1.961,634 |
Sertões |
Sertão de Crateús
|
|
Tarrafas |
454,390 |
Centro-Sul Cearense |
Várzea Alegre
|
|
Tauá |
4.018,188 |
Sertões |
Sertão de Inhamuns
|
|
Tejuçuoca |
750,605 |
Norte |
Médio Curu
|
|
Tianguá |
908,893 |
Noroeste |
Ibiapaba
|
|
Trairi |
924,555 |
Norte |
Itapipoca
|
|
Tururu |
192,548 |
Norte |
Uruburetama
|
|
Ubajara |
421,037 |
Noroeste |
Ibiapaba
|
|
Umari |
263,917 |
Centro-Sul Cearense |
Lavras da Mangabeira
|
|
Umirim |
326,496 |
Norte |
Uruburetama
|
|
Uruburetama |
97,107 |
Norte |
Uruburetama
|
|
Uruoca |
696,770 |
Noroeste |
Coreaú
|
|
Varjota |
179.255 |
Noroeste |
Ipu
|
|
Várzea Alegre |
835,706 |
Centro-Sul Cearense |
Várzea Alegre
|
|
Viçosa do Ceará |
1.311,592 |
Noroeste |
Ibiapaba
|
Agricultura: a maioría da produción é de subsistencia, e entón consumida no propio estado. Expórtase a castaña de anacardio, e parte da produción de cana de azucre é utilizada para producir augardente, que tamén é exportada. Outros cultivos son: feixón, millo, arroz, algodón herbáceo, algodón arbóreo, mandioca, mamona, tomate, banana, laranxa, coco.
Industria: Concéntrase na Grande Fortaleza (rexión metropolitana da capital). As máis importantes son: alimentos e bebidas, metalurxia, téxtil, química, calzados. Na década de 1990, importantes industrias de calzados brasileiras instaláronse no estado. Mentres tanto, a maioría dos bens de consumo durábeis (principalmente electrodomésticos e automóbiles) prodúcense fóra do estado.
Minería: algunhas reservas de mineral de ferro, e xacementos de auga mineral; calcáreo; arxila; magnesio, granito, petróleo, gas natural e uranio(en Santa Quitéria). Extracción de sal mariño.
Gandería: os rabaños son pouco importantes na economía de Ceará, críanse bovinos, suínos, caprinos e aves para consumo local, e crianza de equinos e asininos principalmente para transporte rural.
O estado é famoso, tanto no Brasil como no exterior, polas súas praias. Na cidade de Fortaleza, a súa capital, destaca a Praia do Futuro. Outros puntos do litoral do Ceará son Canoa Quebrada, Camocim e Jericoacoara (ao oeste da capital) e Aracati, ao leste. Tamén destaca o turismo relixioso, na cidade de Juazeiro do Norte, onde viviu o Padre Cícero Romão Batista, chamado polos seus fregueses Padim Ciço e a quen consideraban milagreiro.
Praia de Jericoacoara, unha das máis coñecidas do estado.
A economía do estado sofre coas secas periódicas na rexión do sertão cearense. As estiaxes prolongadas afectan a agricultura e a gandería, provocando perdas nas plantacións e morte de animais. Cando os danos aumentan, as xentes abandonan as zonas rurais do estado, rumbo á periferia da capital (agravando os seus índices de pobreza) ou a outros estados, pois as pequenas cidades non conseguen ofrecer traballo a todos. Moitas familias que continúan a morar no campo dependen de axuda dos programas contra a fame do goberno federal ou do goberno estatal, pero seguen meses sen traballo até que as chuvias permitan novas plantacións.
A falta de coñecementos técnicos e diñeiro son outros obstáculos a un aumento da produtividade rural. Xa a exploración de auga subterránea e das represas na rexión do semi-árido fica concentrada nas grandes propiedades, o que dificulta o seu acceso ós pequenos produtores. Así, a rendibilidade das pequenas propiedades é reducida e suxeita a grandes perdas durante as estiaxes. Con isto, a renda per cápita rural é baixa, o que contribúe a desigualdade de renda no estado. A baixa renda e escolaridade das poboacións do interior, aliada á falta de infraestruturas (enerxía eléctrica, ligazón de auga, transportes) e á grande distancia dos principais mercados consumidores, fan que as industrias non se instalen na rexión do sertão. Desa forma non se crían outras oportunidades de traballo diferentes ao traballo agrícola, perpetuando as desigualdades de renda rexionais. Este escenario repítese noutros estados da Rexión Nordeste do Brasil.