Newcastle upon Tyne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Newcastle upon Tyne
Coat of arms of Newcastle upon Tyne City Council.png
Escudo
Mapa
EnglandNewcastle.png
Información
Estado Reino Unido
País Inglaterra
Superficie 1.579 km2
Poboación 292.200 habitantes (2010)
Alcalde Peter John Arnold
Bridges opening up - geograph.org.uk - 178375.jpg
www.newcastle.gov.uk

Newcastle upon Tyne, coñecida habitualmente como Newcastle, é unha cidade de Inglaterra, do distrito de Tyne e Wear, na rexión de North East England.

A cidade é a vixésima máis poboada de Inglaterra, e a aglomeración de Tyneside, da que forma parte Newcastle, é a sexta aglomeración urbana máis poboada do Reino Unido.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Período Romano[editar | editar a fonte]

Newcastle ten as súas orixes en época romana (século II), cando sobre un promontorio da beira esquerda do Tyne foi levantado un forte (Pons Aelius) que vixiaba unha ponte que salvaba o río. O forte, que formaba parte do muro de Adriano, tomou o nome familiar do propio emperador. A poboación de Pons Aelius para esta época estímase nuns 2.000 habitantes. O muro de Adriano aínda é visible en varias zonas de Newcastle; en particular, ao longo da West Road.

O Castelo.

O Castelo Novo (New Castle en inglés), que deu nome á cidade, foi construído polos normandos en 1080 sobre o soar do forte romano. Aínda se pode ver a súa torre da homenaxe e a porta principal.

Ao longo da Idade Media, Newcastle foi a fortaleza máis setentrional de Inglaterra. No século XIII, ante os constantes ataques escoceses, a cidade rodeouse dunha muralla de pedra de máis de 7 m de altura. Derrubada ao longo do século XIX, dela hoxe só quedan algúns vestixios.

En 1174, o rei de Escocia Guillermo I foi encarcerado en Newcastle. Ao longo do século XIV, en tres ocasións, a cidade logrou defenderse con éxito dos ataques escoceses. En 1400, Enrique IV creou o condado incorporado (county corporate) de Newcastle.

En dúas ocasións, durante o século XVII, os exércitos escoceses invadiron e ocuparon a cidade: en 1640 durante a Guerra dos Bispos e en 1644 durante a Guerra Civil Inglesa (logo dun cerco de tres meses).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Newcastle está situada no nordés de Inglaterra, no distrito metropolitano de Tyne and Wear. A cidade está situada na beira norte do río Tyne a unha latitude de 54.974° N e unha lonxitude de 1.614° W.

O chan debaixo da cidade está formada por estratos do Carbonífero.

Demografía[editar | editar a fonte]

Newcastle é a cidade máis poboada da rexión, seguida de Sunderland. Recibe a honra de ser o símbolo urbano de Northumbria.

Economía[editar | editar a fonte]

Newcastle xogou un papel importante durante a Revolución Industrial do século XIX, e foi un importante centro para a minería do carbón e a fabricación. As industria pesada en Newcastle descendeu na segunda metade do século XX. A cidade é hoxe recoñecida por compromiso coas cuestións ambientais, cun programa previsto para o Newcastle para converterse en "a primeira cidade neutral de carbono".[2]

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

Central Station.

Hai un metro que conecta con outras cidades da rexión, como Gateshead, Sunderland, North Shields, South Shields e Tynemouth. O ferrocarril é subterráneo no centro da cidade. Tamén se pode usar o Metro para viaxar ao Aeroporto de Newcastle.

A cidade ten unha estación de ferrocarril (Central Station) que é parte da rede nacional de ferrocarrís. Cada día hai varios trens que viaxan directamente entre Newcastle e Londres (Kings Cros).

Desde o aeroporto de Newcastle pódese coller o wifi, que tarda 22 minutos en chegar ata o centro de Newcastle ou 55 minutos ata o centro de Sunderland.

Educación[editar | editar a fonte]

Sitúanse en Newcastle a Universidade de Northumbria e a de Newcastle upon Tyne.

Cultura[editar | editar a fonte]

Theatre Royal.

As cores da cidade son o negro e o branco. É o centro do dialecto Geordie, unha forma de pronunciar e falar peculiar a Northumbria e diferente do resto de Inglaterra.

Arquitectura e urbanismo[editar | editar a fonte]

O Millenium Bridge é unha de moitas pontes que cruzan o Tyne cara a Gateshead. A cidade ten unha catedral, a de St Nicholas. O teatro principal da cidade é Theatre Royal que data de 1837.

Deportes[editar | editar a fonte]

Newcastle é o fogar do equipo de fútbol Newcastle United Football Club.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Newcastle upon Tyne