Fibrina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa ciencia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa ciencia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A fibrina é unha proteína fibrilar capaz de formar redes tridimensionais. A súa función como compoñente do plasma sanguíneo é proporcionar o soporte mecánico para o proceso de coagulación do sangue. Encóntrase normalmente no sangue como un precursor inactivo (que non pode formar redes) que se chama fibrinóxeno. A conversión de fibrinóxeno en fibrina pola acción da encima trombina constitúe o evento final da cascada de activación de cimóxenos que desencadea a coagulación.