Adén - عدن

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Adén")
Porto de Adén (c. 1910)

Adén (árabe: عدن ʿAdan) é a cidade do Iemen. Situada no Golfo de Adén, 530.000 habitantes (2003)
Construído sobre un antigo lugar volcánico nos tempos do reino de Awsan entre o século V e VII a.C.
A cidade foi visitada por Marco Polo e Ibn Baluta nos séculos XI e XII respectivamente.
O seu porto, situado nunha zona estratéxica na ruta marítima entre a India e Europa fixo da cidade un botín desexable para as potencias marítimas. O 19 de xaneiro de 1839 a Compañía Británica das Indias Orientais atacou Adén para poñer fin aos ataques de piratas contra navíos británicos en ruta cara a India. Adén permaneceu baixo control británico ata 1967, gobernada como parte da India ata 1937 no que se converteu nunha Colonia da coroa británica.
Despois da perda da Canle de Suez en 1956 Adén converteuse na principal base británica na rexión. O 18 de xaneiro de 1963 Adén incorpórase á Federación de Arabia do Sur. Foi a capital da República Democrática Popular do Iemen ata a unificación do Iemen do Norte e do Sur en 1990, nese ano a cidade foi declarada zona de libre comercio.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Adén