Auga
A auga é unha substancia formada a partir de átomos de hidróxeno e osíxeno, con moléculas de fórmula H2O. Na natureza nunca se atopa en estado puro, senón mesturada con minerais e outras moitas substancias.
É a base de todo organismo pluricelular, polo que a existencia de auga está intimamente relacionada coa de vida. A maior parte dos animais e vexetais conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as especies que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa (desertos e outras zonas áridas).
Pode atoparse como auga doce (en ríos, lagos, e montañas), ou como auga salgada nos mares e océanos. A auga ten un importante papel tanto en múltiples ámbitos: en bioloxía debido á xa mencionada importancia para a vida, en química pola súa composición e por ser unha molécula bipolar e de pH neutro, en xeoloxía polo seu importante papel na erosión das rochas,...
A 0 °C (273 aproximadamente na escala Kelvin) atópase en estado sólido como xeo, e ferve a aproximadamente a 100 °C. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 K. Na natureza pode atoparse tanto en estado sólido como líquido e gasoso, pasando dun estado a outro nun ciclo continuo.
Índice |
Funcións biolóxica da auga [editar]
As principais funcións biolóxicas da auga son:
- Participa no mantemento da forma e estrutura celular e dos organismos, sobre todo nas plantas.
- É un excelente disolvente, especialmente das substancias iónicas e dos compostos polares.
- Intervén como axente químico reactivo na hidratación, hidrólise e oxidación-redución.
- Permite o movemento no seu seo das partículas disoltas (difusión) e constitúe o principal axente de transporte de moitas substancias nutritivas reguladoras ou de excreción.
- É un excelente termorregulador.
Enfermidades causadas por auga contaminada [editar]
| Protozoo | Enfermidade | Síntomas |
|---|---|---|
| Amoeba | Disentería ameboide | Forte diarrea, dor de cabeza, dor abdominal, calafríos, febre; de non se tratar, abscesos no fígado, perforación intestinal e morte. |
| Cryptosporidium parvum | Criptosporidiose | Sensación de mareo, vómitos, diarrea acuosa, falta de apetito. |
| Giardia lamblia | Gardase | Diarrea, fatiga, cambras abdominais, flatulencia. |
| Toxoplasma gondii | Toxoplasmose | Gripe, inflamación dos ganglios linfáticas; aborto e infeccións cerebrais. |
| Bacteria | Enfermidade | Síntomas |
|---|---|---|
| Aeromonas sp. | Enterite | Diarrea moi líquida, con sangue e moco. |
| Campylobacter jejuni | Campilobacteriose | Gripe, diarreas, dor de cabeza e estómago, febre, cambras e náuseas. |
| Escherichia coli | Infeccións do tracto urinario, meninxite neonatal, enfermidades intestinais. | Diarrea acuosa, dores de cabeza, febre, uremia, danos hepáticos. |
| Plesiomonas shigelloides | Plesiomonas-infección | Náuseas, dores de estómago e diarrea acuosa, dores de cabeza e vómitos. |
| Salmonella typhi | Febre tifoide | Febre. |
| Salmonella sp. | Salmonelose | Mareos, cambras intestinais, vómitos, diarrea e ás veces febre leve. |
| Streptococcus sp. | Enfermidade (gastro) intestinal | Dores de estómago, diarrea e febre, ás veces vómitos. |
| Vibrio O Tor | Cólera (forma leve) | Forte diarrea. |
Toponimia [editar]
Da importancia da auga na vida biolóxica e sentimental do ser humano, sobre todo nas súas orixes nas que non dispuña dela a pracer coma agora, dan conta a abundancia de topónimos. Estes son algúns exemplos espallados:
- Alhama (Provincia de Almería, Provincia de Granada, Rexión de Murcia, Provincia de Zaragoza) do árabe al-hammah, "fonte termal".
- As Burgas (Provincia de Ourense) probable do euskera: bero + ur + ga, "manacial ou lugar de auga quente".
- Dos Aigüas (Provincia de Valencia).
- Fervenza ← ferver.
- Río Guadalquivir significa "río río río" ← Wad ("leito" en árabe) + al (artigo determinado árabe) + quivir (supostamente do íbero ibr, "agua", coma Ebro, Iberia, etc.); o mesmo con moitos topónimos que comezan por Guad-: Guadiana, Guadalix, Guadalete, Guadalhorce, Guadiamar del Segura, Guadalajara, Guadarrama (do árabe "río de arena"), etc. Co segundo termo íbero: Alcazarquivir.
- Lago de Carucedo (Provincia de León), polo represado formado cando os romanos botaron os restos de terra da mina de ouro de Las Médulas e se encorou arroyo.
- Entrambasaugas (parroquia do concello de Guntín) ← entre + ambas + augas ("aguas").
- Septe Aigüas (Provincia de Valencia).
- Tambre (Santiago de Compostela, Provincia da Coruña) ou Tamuxe e Tameiga (Mos, Provincia de Pontevedra) ← supostamente de Tam-, "río" precéltico, paracéltico ou céltico.
- Tossa de Mar (Provincia de Girona), do euskera: iturri, "fonte".
- Aquisgrán (Alemaña), do latín Aquae granni, que remite ao deus celta da curación chamado Grannus. En Aquisgrán hai balnearios con mananciais curativos, e de aí pode provir a orixe do nome.
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]