Wenzhou
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 28°00′N 120°42′E / 28°N 120.7°E
Wenzhou é unha cidade de China a carón do Mar de Leste de China no sur da provincia de Zhejiang.
Xeografía [editar]
Situada á beira do río Ou na súa foz, é un importante porto de entrada e saída do interior montañoso da provincia (moitos emigrantes chineses en occidente proceden desta zona). A municipalidade conta con 9.122.100 habitantes (censo de 2010) en 11.784 km², sendo 3.039.500 da urbe de seu. Xunto as próximas Rui'an e Yueqing conforman unha aglomeración de máis de cinco millóns de habitantes.
Coñecida dende a antigüidade pola súa cerámica, recibiu o seu nome actual no 675. Foi un dos poucos portos baixo control chinés durante a ocupación xaponesa.