Electrólito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Electrólito acendendo unha lámpada led.

Un electrólito é un produto químico que conduce a corrente eléctrica.[1] Úsase nas baterías para facer fluír os ións, producindo corrente. Os electrólitos ionizan cando se disolven en disolventes axeitados como auga. A maioría dos sales, ácidos e bases solúbeis son electrólitos.

Un electrólito usado nas "células electrolíticas" leva os ións entre os eléctrodos da cela. As celas electrolíticas pódense utilizar para extraer os elementos químicos constituíntes e os compostos contidos na solución.

Unha concentración correcta de electrólitos é importante para a fisioloxía.

Notas

  1. "electrólito". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-03-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.