Gran Enciclopedia Aragonesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Gran Enciclopedia Aragonesa, a miúdo abreviada como GEA, é unha enciclopedia temática sobre Aragón.

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O precedente da GEA é a obra Los aragoneses,[1] publicada en 1977 pola editorial Istmo, entre cuxos autores se atopa Eloy Fernández Clemente.

Edicións impresas[editar | editar a fonte]

En 1978, José Mª Sáiz fundador da editorial Unión Aragonesa del Libro (UNALI) propón a Eloy Fernández Clemente dirixir unha enciclopedia sobre Aragón,[2] que verá a luz entre 1980-1981. Esta primeira edición da Gran Enciclopedia Aragonesa publicouse en 12 tomos e tivo unha grande acollida.

Entre 1983 e 2007, publicáronse os Apéndices I a V. Foron directores dos apéndices: Eloy Fernández Clemente (I, III e IV), Manuel Martín Bueno (II) e Wifredo Rincón García (V).

En 1999, a editora do xornal El Periódico de Aragón adquiriu os dereitos da enciclopedia e actualizouna, publicando ó ano seguinte unha nova edición da que se venderon máis de 8000 exemplares.[3] Esta nova edición é popularmente coñecida como GEA 2000.

GEA 2000 reordenou todas as voces e incluíu nunha mesma orde alfabética as de todos os apéndices publicados até entón, Apéndice I (1983), Apéndice II (1987) e Apéndice III (1997), polo que esa nova edición consta de 16 tomos.

GEA OnLine[editar | editar a fonte]

A enciclopedia comezou a dixitalizarse en 2002, e en setembro de 2003 lanzouse a versión 1.0 da Gran Enciclopedia Aragonesa On-Line, que será coñecida como GEA OnLine. O Goberno de Aragón apoiou a revisión e actualización dos contidos da enciclopedia en liña para adaptalos ó currículo aragonés e fomentar así a súa utilización didáctica, á vez que o seu acceso libre a través de Internet.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Borrás 2010, p. 176.
  2. Pinilla 2010, p. 92.
  3. Gran Enciclopedia Aragonesa. "Quiénes somos". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2016. 
  4. Gobierno de Aragón, Departamento de Presidencia 2007, p. 11028.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]