Rexión do Tirol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rexión de Tirol»)
A localización do Tirol en Europa central.
Mapa da Eurorrexión de Tirol-Südtirol/Alto Adigio-Trentino.

O Tirol é unha rexión alpina trilingüe (alemán, italiano e ladino) de Europa, actualmente dividida entre Austria (Tirol do Norte e Oriental, no Estado de Tirol) e Italia (Tirol do Sur e Trentino), que constitúen a Provincia de Bolzano e a Provincia de Trento.

A rexión constituíu o Condado principesco de Tirol pertencente ao Imperio Austrohúngaro ata 1918, en que foi dividida entre Austria e Italia polo Tratado de Saint-Germain-en-Laye e posteriormente ratificado no Acordo De Gasperi-Gruber de 1946.

Actualmente a rexión estase reorganizando na Eurorrexión Tirol-Südtirol/Alto Adigio-Trentino, cunha oficina de representación, a chamada Tirol-Büro ou Ufficio del Tirolo, en Bruxelas, coa fin de mellorar a posición política da rexión na Unión Europea.