Período de incubación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outro dignificado véxase Incubación

O periodo de incubación é o tempo comprendido entre a exposición dun individuo a un organismo, a unha substancia química ou a unha radiación patoxénico a a aparición dos primeiros signos e síntomas da enfermidade. Este periodo pode ser tan curto como algúns minutos, ou tan longo como trinta anos, como no caso da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.

Aínda que latencia ou periodo de latencia poden ser sinónimos, ás veces faise una diferenza entre estes termos e o de periodo de incubación —o período entre o contaxio e o inicio clínico da enfermidade— e periodo latente —o tempo desde a infección até que se volve contaxiosa— o cal adoita ser máis curto.

Unha persoa puede ser portadora dunha enfermidade infecciosa, tales como as producidas por Streptococcus na garganta, sen exhibir ningún síntoma. Dependendo da enfermidade, unha persoa pode ser ou non ser capaz de transmitir a doenza a otras durante o periodo de incubación.

Exemplos de periodos de incubación[editar | editar a fonte]

Os periodos de incubación varían moito e usualmente exprésanse en termos de rango. Cando é posíbel, é mellor expresar o promedio e o décimo e nonaxésimo percentil, aínda que esta información non está sempre dispoñíbel. Os valores mencionados están acomodados en orde ascendente por números de días, aínda que nalgúns casos o promedio debe inferirse.

Para moitas condicións, os periodos de incubación son máis longos nos adultos que nos nenos.

Enfermidade Periodo de incubación Referencia
Celulite causada por Pasteurella multocida menos de 1 día [1]
Cólera 1-3 días [2]
Gripe 1-4 días [3]
Escarlatina 1-4 días [4]
Arrefriado común 2-5 días [5]
Ébola 2-21 días
Febre das Montañas Rochosas 2-14 días [6]
SRAS até 10 días [7]
Roséola 5-15 días [8]
Poliomielite 7-14 días [9]
Tose ferina 7-14 días [10]
Xarampelo 9-12 días [11]
Varíola 7-17 días [12]
Tétano xeralizado 7-21 días [13]
Varicela 14-16 días [14]
Eritema infeccioso 13-18 días [15]
Parotidite 14-18 días [16]
Rubéola 14-21 días [17]
Mononucleose infecciosa 28-42 días [18]
Kuru promedio entre 10,3 e 13,2 anos [19]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]