Hipopotasemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A hipopotasemia é un trastorno hidroelectrolítico no que a concentración sanguínea de potasio é menor de 3,5 mEq/kg.

Causas de hipopotasemia[editar | editar a fonte]

Son varias as causas de hipopotasemia:

  1. Déficit dietético de potasio: é moi infrecuente xa que o potasio se atopa en moitísimos alimentos. Só hai déficit en pacientes con dieta sen aporte ningún de potasio.
  2. Exceso de aldosterona: a aldosterona estimula a bomba sodio/potasio e cando hai un exceso desta hormona, na nefrona distal excrétase moito potasio, tanto como para orixinar unha hipopotasemia.
  3. Nalgúns síndromes que afectan á reabsorción tubular, como o síndrome de Barther. Neste síndrome non hai reabsorción tubular proximal de sodio e chega unha gran cantidade deste ion á nefrona distal. Isto induce un alto funcionamento da bomba Na+/K+, co que se reabsorbe moito sodio e se excreta moito potasio.
  4. Co uso dalgúns diuréticos proximais, que favorecen a excreción de potasio á luz do túbulo renal.
  5. Trala inxección de insulina ou con descargas β adrenérxicas (abundantes no dellirium tremens).
  6. Nas alcaloses.

Manifestacións clínicas[editar | editar a fonte]

Aparecen nas hipopotasemias moderadas ou graves, sobre todo a nivel coronario. No electrocardiograma reflíctese cun descenso na intensidade da onda T e a aparición da onda U.