Río Ganxes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Río Ganxes | |
|---|---|
{{{lenda}}} |
|
| Nacemento: | {{{nace}}} |
| Altitude da fonte: | 6.600 msmn |
| Lonxitude: | 2510 km |
| Caudal medio: | 14.270 m3/s |
| Conca: | {{{conca}}} |
| País: | India, Bangladesh |
| Desemboca: | Océano Índico |
O Ganxes (ou Ganga, (Devanāgarī: गंगा ; (IPA: ˈgænʤiz ; IAST: Gaṅgā ; na maioría das linguas da India, IPA2: ˈgəŋgaː ) é un dos ríos principais do subcontinente indio, que flúe en dirección leste através das chaira epónima do norte da India até Bangladesh. Os seus 2,510 km (1,557 mi) de percorrido comezan no Glaciar Gangotri no estado indio de Uttaranchal, na parte central do Himalaia até desembocar no golfo de Bengala, for mando un vasto deltano Sundarbans. É un río sacro para os hindús, recibindo culto a través da súa divindade, personificada como a deusa Ganga.
O Ganga ou Ganxes e máis os seus tributarios, dos que destaca o río Yamuna, baña unha grande e ampla conca dunha área de preto de un millón de km2, que acollen das maiores densidades populacionais da Terra.
[editar] O río
Nace no Glaciar Gangotri a 6.600 m de altitude no Himalaia central, onde é chamado Bhâgiratî. A 210 km da súas fontes, conflúe en Devaprayâga co torrente Alaknandâ, que baixa do Nanda Devî, a 7.800 m de altura, para formar o Ganxes propiamente dito.
Corre logo, desde Haridwâr, situada a 300 m de altitude, a través da chaira india septentrional, denominada chaira ganxética, fluíndo pegriceiramente, con pouco desnivel, no resto do seu percorrido e recollendo as augas de varios afluentes como o Yamunâ (1.300 km), o Ghaghrâ (1.080 km) que se lle xunta en Châpra, o Gandak (700 km) que se une en Hajipur, o Râmgangâ (640 km), que rende as súas augas pouco antes de Allâhâbâd, o Son ou Sone (784 km), que conflúe en Patna, o Dâmodarâ ou Dâmodâr (541 km), que verte as augas logo de Kolkata, o Koshî (700 km), un tributario que recibe en Bhagalpur, o Gumtî ou Gomatî (675 km), que se lle amete preto de Vârânasî... Desemboca no golfo de Bengala, formando un importante delta, chamado Sundarbans, onde se xunta ao Río Brahmaputra. Un ramal deste delta forma o Hûglî, que bañe Kolkata; outro ramal, maior, que flúe para Bangladesh é o Padmâ, que logo se une ao Brahmaputra.
[editar] Encoraxe
O río ten dúas presas principais. A primeira preto de Haridwâr, desvía unha grande parte das augas, procedentes do Himalaia, para o canal superior do Ganxes, construído polos británicos en 1854, a fin de regar as terras dos arredores. Ese desvío de augas é a causa principal do deterioro da navegabilidade do seu curso.
O outro encoro é unha central hidroeléctrica sita cerca de Farakka, preto do punto da entrada principal do río en Bangladesh e que desvía parte das augas do Hûglî. Esta presa é unha fonte de conflitos entre a India e Bangladesh, desde a súa construción en 1975.
[editar] Sacralidade do Ganxes
O Ganga ou Ganxes está considerado como sagrado polo hindouismo. A immersión no Ganxes permite lavar ao crente os seus pecados e a dispersión das cinzas, logo da cremación do cadáver, no río pode beneficiar unha mellor vida futura, e mesmo atinxir a moksha ou liberación, é dicer, a saída do mundo fenoménico.
Os devotos hindús efectúan a peregrinaxe para se bañar nas súas augas e practicar a meditación nas súas beiras. Ao longo do percorrido fluvial do Ganxes hai varios sitios sagrados hindús, como Haridwâr (ou Hardwâr) e Vârânasî (ás veces chamado Kâshî ou Bénarès, este último o maís coñecido dos seus nomes en Occidente).

