Madura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madura
Vista da illa
Madura locator.png
Datos
Capital
País Indonesia
Localización Océano Índico
Arquipélago Illas da Sonda
Linguas
Poboación (2005) 3.525.000 hab.
Superficie 4.250 km²
Densidade
Coordenadas 7°0′S 113°20′E / 7.000°S 113.333°E / -7.000; 113.333
Maior Altura 471 m.
Localización
Localización  da illa
Carreira de touros típica da illa, en Sumenep, Madura

Madura é unha illa indonesia na costa nordeste da illa de Xava. Ten unha área aproximada de 4.250 km² e unha poboación de catro millóns de habitantes, a maioría de etnia e lingua maduresa, que é utilizada tamén en outras 66 illas próximas.

Administración[editar | editar a fonte]

Madura, administrativamente, forma parte da provincia de Xava Oriental (Indonesia). A illa está dividida en 4 kabupaten ( condados):

  1. Bangkalan
  2. Pamekasan
  3. Sampang
  4. Sumenep.

Cultura[editar | editar a fonte]

Carreiras de Touros

Madura é famoso pola súas competicións de carreiras de touros, onde un xinete, polo xeral un neno, monta nunha zorra simple de madeira tirada por un par de touros sobre unha pista de aproximadamente 100 metros e que dura entre dez e quince segundos. Varias cidades da illa celebran carreiras en agosto e setembro de cada ano, cun gran final polo Trofeo Presidencial que se celebra en Pamekasan a finais de setembro ou outubro.