Vómito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o artigo do grupo musical vexa Vómito.
Un vómito na rúa

O vómito é a expulsión violenta e espasmódica do contido do estómago a través da boca. Aínda que posibelmente se desenvolveu evolutivamente como un mecanismo para expulsar do corpo velenos inxeridos[Cómpre referencia], pode aparecer como síntoma de moitas enfermidades non relacionadas con estes, nin sequera co estómago (gastrite) como patoloxía cerebral ou ocular.

A sensación que se ten xusto antes de vomitar (pródromo) chámase náusea, e pode preceder ao vómito ou aparecer illada.

Os medicamentos chamados antieméticos poden ser necesarios para a supresión da náusea e o vómito. Os eméticos (Psychotria ipecacuanha ou emetina) xa non se usan dende a xeneralización do lavado gástrico, pois ao provocar o vómito os ácidos do estómago ou o tóxico inxeridos danan o esófago.