Mumbai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bombai")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 18°58′30″N 72°49′33″E / 18.97500°N 72.82583°E / 18.97500; 72.82583

Mumbai
मुम़बई {{}}
Mumbai Montage.jpg
Situación xeográfica
Mumbai en India
Mumbai
Mumbai
País Flag of India.svg India
Estado Maharashtra
Xeografía
Altitude 11 msnm
Superficie 603 km²
Poboación
Poboación 12.478.447 hab. (2011)
Densidade 20.694 hab./km²
Información
Código postal 700 xxx
Alcalde
Páxina web Páxina oficial (en inglés)
Kalbadevie Road, c. 1890.

Mumbai (मुम़बई en marathi) (coñecida tamén como Bombai do hindoi: बम्बई) é a capital do estado Indio de Maharashtra e está localizada nunha illa unida a costa oeste da India.

No século XVI, os portugueses denominaron esta zona Bombaim, nome que sería adaptado polos ingleses como Bombay. En 1995 estableceuse como denominación oficial Mumbai, aínda que Bombai continúa a ser popular no estranxeiro. O nome de Mumbai é, aparentemente, un epónimo derivado da deusa hindú local Munbadevi e de Aai, que significa "nai" en Marathi, aínda que esta etimoloxía é discutida.

Historia[editar | editar a fonte]

A rexión de Mumbai estivo habitada dende o primeiro milenio antes de Cristo polos kolis, pobo drávida de pescadores, e os aagris, recolectores de sal. Os primeiros veneraban a Mumbadevi, encarnación local da deusa nai hindú. Construíuse de contado un templo, o Babulnath, dedicado ao seu culto preto da praia de Chowpatty, na punta occidental da baía.

Tolomeo chamou á zona Heptanesia, "sete illas", pois tal era o número que conformaban o apéndice final que se adentraba no Mar Arábigo; ademais de Trombai e a grande illa de Salsette ao norte.

As sete illas orixinais nas que se asenta Mumbai.

Nos primeiros séculos da nosa era había abondosos mosterios e covas hindús e budistas. A partir do século VIII foi refuxio de xudeus de Iemen e parsis mazdeístas que fuxían do avance musulmán, poboadores que caracterizarán o posterior cosmopolitismo do lugar.

Pero o verdadeiro comezo urbano de Mumbai sitúase cara ao 1300, no que o raxá Bhimdev da dinastía Silhara traslada a súa corte, pola presión musulmana precisamente, de Mahim no norte, a illa dese nome, onde funda unha cidade ben fortificada, Mahikavati. Favorece o asentamento de comerciantes e agricultores. O templo Walkeshwar tamén é desta época.

Porén, entre 1343/48 os musulmáns do Sultanato de Guxarat fanse co poder das illas e constrúen en Mahim unha primitiva mesquita.

En 1533/34 son os portugueses quen obteñen a concesión de toda a rexión, dende Bassein (Vasai), ao norte no continente, ata as sete illas. Constitúe o inicio de Mumbai propiamente dita, co asentamento dunha facenda na illa que chaman Mumbaim, pola deusa antedita cuxo templo alí existía, denominación que pronto cambiou a Bombaim. Asemade levantaron fortes en Mahim, Sion, Bandra e Bassein así como varias igrexas (por exemplo a de Santo Andrés en Bandra). Os xesuítas asentáronse en Mazagaon.

Mais os portugueses nunca estiveran moi interesados nas sete illas, que foron transferidas en 1661 ao rei inglés Carlos II coma dote matrimonial, e este cedeunas á Compañía Británica das Indias Orientais en 1668 que si andaba á procura dun porto de máis calado co de Surat. En 1687 transferiron a Bombay o seu cuartel xeral. A poboación sextuplicárase (de 10.000h en 1661 a 60.000 en 1675).

Axiña fortificaron a facenda portuguesa (Fort St. George), pero foi entre 1715 e 1745 que levantaron unha muralla que incluía o conxunto da vila, xermolo urbano da actual cidade.

A tarefa das décadas seguintes foi levar adiante a conexión e unión das sete illas mediante o recheo das zonas inundables intermedias. Levou século e medio configurar unha soa illa e polo medio a primeira liña do ferrocarril da India entre Bombay e Thana (1855) e un gran porto que aproveitara os tráficos xerados pola apertura da Canle de Suez.

Esta vocación de gañar terreos ao mar continuou por todo o século XX e ata hoxe cos plans de futuro da municipalidade.

En 2004 celebrouse nela o Foro Social Mundial.

Economía[editar | editar a fonte]

Bombai é o maior porto da parte ocidental da India e conta cun porto natural de gran calado. A poboación en 2004 era de 12,7 millóns, o que a converte na sexta cidade do mundo en número de habitantes.

Mercado en Bombai.

Bombai é a capital comercial da India e alberga institución financeiras importantes, tales como o Banco da Reserva da Índia, a Bolsa de Bombai e as sedes de numerosas empresas indias. As oportunidades comerciais e o nivel de vida, relativamente alto, teñen atraído inmigrantes de toda o país e o sudeste asiático, polo que a cidade conta con numerosas comunidades étnicas.

En Bombai localízase Bollywood, o epicentro da industria cinematográfica e televisiva india e o maior produtor mundial de películas. Este nome está formado a partir do Hollywood dos Ánxeles (California). Bombai é unha das poucas cidades que conta cun Parque Nacional dentro dos limites municipais.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Mumbai experimentou un crecemento exponencial a raíz da coloniazación británica, pasando de 10.000 habitantes en 1661 a 100.000 en 1764. Seguindo esta progresión a cidade xa contaba con medio millón de habitantes en 1845 e no primeiro censo oficial, realizado en 1864 a poboación era de 817.000 persoas. Despois de varios altibaixos a causa das epidemias no ano 1911 sobrepasou o millón de habitantes.

ano poboación
1661 10.000
1675 60.000
1764 100.000
1780 114.000
1806 200.000
1814 240.000
1830 229.000
1845 500.000
ano poboación
1864 816.562
1872 644.605
1881 773.196
1891 821.764
1901 812.912
1911 1.018.388
1921 1.244.934
1931 1.268.936
ano poboación
1941 1.686.127
1951 2.966.902
1961 4.152.056
1971 5.970.575
1981 8.227.382
1991 9.925.891
2001 11.914.398
2011 14.300.000

Dende 1951 as cifras da poboación son a data 1° de marzo, incluida a estimación media para 2011.

Cultura[editar | editar a fonte]

Museos[editar | editar a fonte]

  • Museo Príncipe de Gales, de arquitectura colonial británica cunha cúpula de estilo Mogol comezou a construirse no ano 1905, sendo o rei Xurxo V aínda Príncipe de Gales. O museo destaca pola súa colección de pintura e escultura, como cadros mogois, traballos en xade ou figuras de terracota do período Maurya.
  • Museo Mahatma Gandhi, sito no que foi entre 1917 e 1934 o lugar de traballo en Mumbai de Mahatma Gandhi alberga unha importante biblioteca científica, así como obxetos cotidiáns de Gandhi.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mumbai