Zanzíbar
Coordenadas: 06°08′00″S 39°19′00″E / 6.1333333°S 39.3166667°E
|
||
|
|
||
O Palacio-museo na Cidade de Pedra de Zanzíbar |
||
| Inscrición: | 2000 | |
| País: | Tanzania | |
| Localización: | 6º8'S 39º19'E | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | (ii)(iii)(vi) | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
Zanzíbar é un conxunto de dúas illas, Zanzíbar propia (1.554 km² e 800.000 habitantes) e Pemba, a principal cidade e centro económico é Mji Mkongwe na illa de Zanzíbar. Zanzíbar é un territorio autónomo de Tanzania.
Historia [editar]
En Zanzíbar asentáronse inmigrantes persas procedentes de Shiraz, e probablemente o nome de proceda do farsi زنگبار Zangi-bar (Costa dos negros). Entre 1503 e 1698 os portugueses controlaron o territorio.
En 1698 pasou a soberanía do sultán de Omán, en 1861 Omán e Zanzíbar divíronse en dous principados independentes. Sayyid Majid bin Said Al-Busaid (1834/5-1870) converteuse no primeiro sultán de Zanzíbar. O Reino Unido gradualmente foi aumentando a súa influencia sobre Zanzíbar, e en 1890 no Tratado de Heligoland-Zanzíbar os alemáns comprometéronse a non interferir nela, e Zanzíbar converteuse nun protectorado británico. En 1896 o sultán Hamoud bin Mohammed prohibiu a escravitude e a trata de escravos, do que Zanzíbar era un dos principais centros dende a época dos omanís.
O 19 de decembro de 1963 Zanzíbar obtivo a súa independencia como monarquía constitucional, pero o 26 de abril de 1964 logo do derrocamento do sultán, Zanzíbar uniuse con Tanganika para formar o novo estado de Tanzania.