Esterilización (microbioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salmonela (Salmonella typhimurium), en vermello, axente causante da salmonelose.

A esterilización é o tratamento que deixa ao obxecto tratado libre de todo organismo vivo, incluídas as esporas. Implica a perda da viabilidade ou a eliminación de todos os microorganismos contidos nun obxecto, acondicionándoo de tal modo que se impida a súa posterior contaminación.

Trátase dun termo probabilístico, de modo que tras un adecuado proceso de esterilización, débese chegar a unha probabilidade de encontrar microorganismos igual ou menor que unha unidade contaminada nun millón de unidades sometidas ao proceso de esterilización.

Métodos de esterilización[editar | editar a fonte]

Louis Pasteur (1822-1895) a quen se debe a técnica da pasteurización.
Autoclave dun laboratorio.

Existen varios métodos de esterilización, que se detallan a continuación.

  • Métodos físicos
    • Calor húmida (en autoclave de vapor)
    • Calor seca (en forno de esterilización)
    • Radiación gamma
  • Métodos químicos
    • óxido de etileno
    • peróxido de hidróxeno

Métodos físicos[editar | editar a fonte]

Os métodos físicos son aqueles que non involucran o emprego de sustancias letais para os microorganismo, senón procedementos físicos como a radiación ionizante, a calor ou a filtración de solucións con membranas que impidan o paso de microorganismos, incluíndo os virus.

Métodos térmicos
Os métodos térmicos adoitan englobar todos os procedementos que teñen entre os seus fins a destrución dos microorganismos pola acción da calor. Estámonos referindo tanto á pasteurización como á esterilización, cuxa finalidade principal é a destrución microbiana, como ao escaldado e á cocción, procesos nos que tamén se consigue unha certa redución da flora microbiana pero que teñan entre os seus principais obxectivos evitar a variación das propiedades físicas do obxecto.

Métodos químicos[editar | editar a fonte]

Os métodos químicos de esterilización son aqueles que involucran o emprego de substancias letais para os microorganismos, tales como o óxido de etileno e o peróxido de hidróxeno (auga oxixenada).

O uso deste método é moi limitado para a industria alimentaria, pero moi utilizado noutras industrias, como a farmacéutica, por exemplo.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

En investigación de laboratorios científicos emprégase principalmente para eliminar microorganismos dos elementos de traballo, evitando así a contaminación da mostra, recipientes e material de traballo (de vidro ou cerámicos).

Na industria alimentaria emprégase para aumentar a vida útil dos alimentos. Os alimentos esterilizados máis comúns son os enlatados (conservas).

Úsase tamén para a conservación e alargamento da vida de libros, mobles, obras de arte e outros bens.

Nos hospitais emprégase principalmente para eliminar axentes patóxenos dos instrumentos cirúrxicos utilizábeis, e tamén de certas instalacións (quirófanos).

Os fabricantes de produtos sanitarios esterilizan os produtos para poder utilizalos con asepsia nun procedemento cirúrxico ou de laboratorio polos profesionais sanitarios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]