Borneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borneo
Vista da illa
Borneo2 map english names.svg
Datos
Capital
País Brunei, Malasia, Indonesia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Sonda
Linguas
Poboación (2000) 16.196.924 hab.
Superficie 743.330 km²
Densidade 22 hab/km²
Coordenadas 1°00′N 114°00′E / 1.000°N 114.000°E / 1.000; 114.000
Maior Altura 4.095 m. Kinabalu
Localización
Localización  da illa

Borneo é unha illa (a terceira por tamaño do mundo, con 743,330 km² ) ao sueste de Asia. Dividida politicamente en varias rexións:

Xeografía[editar | editar a fonte]

Borneo está rodeado polo Mar de China Meridional polo norte e noroeste, o Mar de Sulu polo nordés, o Mar de Célebes e o estreito de Makassar ao leste, e o Mar de Xava e o Estreito de Karimata no sur. É a illa máis grande do arquipélago malaio, cunha superficie de converter 743.330 km². Ao oeste de Borneo están a Península de Malaca e Sumatra. Ao sur atópase Xava. Ao leste atópase Sulawesi, e ao nordés, as Filipinas.

O punto máis alto de Borneo é o Monte Kinabalu de Sabah, Malaisia, cunha elevación de 4.095 m. por encima do nivel do mar. É o terceiro pico máis alto do sueste de Asia, polo que fai de Borneo a terceira illa máis alta do mundo.

O río máis grande do sistema é o Kapuas en West Kalimantan. Cunha lonxitude de 1.143 km., que é o río máis longo de Indonesia. O río máis longo de Malaisia, o Rajang, atópase en Sarawak e ten 562´5 km. de longo. Outros ríos importantes son o Barito en Kalimantan do Sur con 880 km. de longo e o Mahakam en Kalimantan do Leste con 980 km. de longo.

Borneo ten importantes sistemas de covas. Clearwater Cave, por exemplo, ten un dos ríos subterráneos máis longos do mundo. Deer Cave é o fogar de máis de tres millóns de morcegos, con guano acumulado de máis de 100 m. de alto.

Biodiversidade[editar | editar a fonte]

Atopáronse polo menos 52 especies novas de animais e plantas nos últimos anos nos bosques de Borneo, sendo o número total de novas especies identificadas na illa máis de 400 desde 1994, segundo un informe do Fondo Mundial para a Natureza (WWF).

Estes descubrimentos recentes inclúen 30 especies de peixes únicos, dúas especies de ra árbore, 16 especies de xenxibre, tres especies de árbores e unha especie de planta con follas longas, segundo informou o martes o Foro Mundial para a Natureza.

Estes descubrimentos reafirman a posición de Borneo como un dos centros máis importantes de biodiversidade no mundo-, dixo o Coordinador Internacional do Programa do Corazón de Borneo do Fondo Mundial para a Natureza.

Os descubrimentos tamén inclúen seis peixes siameses loitadores (típicos dos acuarios), un dos cales ten unha cor azul-verdoso iridiscente; así como un peixe gato de dentes protuberantes e un ventre adhesivo co que, literalmente, pégase ás rocas, e unha ra arbórea de ollos verdes asombrosamente brillantes.

En canto ás plantas, os novos xenxibres descubertos elevan a máis do dobre as especies dese vexetal coñecidas ata agora e atopáronse tres novas especies de árbores do xénero beilschmiedia.

Os científicos atoparon un peixe miniatura o segundo vertebrado máis pequeno do mundo, que mide menos de 1 centímetro de longo e vive nos pantanos de auga turba acídica da illa, segundo sinala o informe.

A gran parte desas novas especies descubríronse no 'Corazón de Borneo', unha rexión montañosa de 220.000 quilómetros cadrados cuberta de bosque húmidos ecuatoriais, situada no centro da illa.

É unha das rexións do mundo que mais auga gastan polo que fixeron un plan hidroloxico nacional, sendo o seu maior investidor un habitante da zona.