A Meca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 21°25′N 39°49′E / 21.417°N 39.817°E / 21.417; 39.817

A Meca
مكة المكرمة (en árabe)
Makkah (Mecca).jpg
Situación xeográfica
A Meca en Arabia Saudita
A Meca
A Meca
País Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita
Provincia Provincia de Makkah
Xeografía
Altitude 277 msnm
Superficie 760 km²
Poboación
Poboación 1.675.368 hab. (2010)
Densidade 2204,43 hab./km²
Xentilicio Mecano/a
Mequí
Información
Código postal
Alcalde Usama al-Bar
Páxina web Páxina oficial da cidade
Vista da Meca dende o nordés en 1850.

A Meca ou Mecca (nome completo: Makkah al-Mukarramah; árabe: مكة المكرمة) é unha cidade de Arabia Saudita, considerada a cidade santa do islam. É un centro relixioso que os que profesan a fe musulmá teñen a obriga de visitar polo menos unha vez na vida. No centro sitúase a Kaaba. Está situada ao oeste da península Arábica. É a capital do Hexaz, e en 2003 tiña 1.400.000 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Santuario ancestral[editar | editar a fonte]

As orixes míticas do lugar remóntanse ata Adán, Abraham e o seu fillo Ismael (cuxos descendentes, os ismaelitas, serían os musulmáns). O xeógrafo Ptolomeo cítaa coma Macoraba no século II (inda que discutida a adscrición). En calquera caso, semella certa a indubidable antigüidade (seica finais do período romano) dun santuario a carón do pozo-manancial Zamzam no val do oued Ibrahim. Ese primitivo recinto sagrado recibiu o nome de Kaaba.

A Kaaba era nun principio só un cercado de pedra sen teito, con esquinas orientadas segundo os puntos cardinais. Albergaba ídolos de tódalas tribos da península arábiga, máis de 360, un por día, a "Pedra Negra" entre eles. Unha vez ao ano as tribos reuníanse alí abrindo unha tregua nas súas loitas constantes.[1] Tal costume, o prestixio do lugar e a súa estratéxica posición nas rutas comerciais da rexión, favoreceron un pronto e florecente desenvolvemento do comercio (sinaladamente as especias de Yemen e Omán) que orixinou o crecemento dunha vila arredor.[2]

Centro do islam[editar | editar a fonte]

Ilustración da Gran Mesquita, 1787.

Para o século V, o control da área da Meca estaba en mans da tribo de mercadores Quraish quen reconstruíron a Kaaba no século VII, xa teitada e de forma cúbica. Nesa época Mahoma, que pertencía ao clan haxemita de dita tribo, revolucionou as ideas relixiosas da rexión ao establecer un culto monoteísta, rexeitando a idolatría vixente, sobre todo a Hubal, deidade lunar. A Kaaba converteuse no lugar máis sagrado, foco da oración dos musulmáns e centro de peregrinación da nova relixión, o islam, inda que A Meca nunca ostentaría capitalidade política algunha no imperio árabe.

O primeiro califa, Omar (634-644), ante o crecente número de peregrinos, manda derrubar as casas arredor da Kaaba e delimita cun muro un recinto de oración. O seu sucesor, o califa Uthman (644-656) agrándao e cobre con teito sobre arcos e columnas, dando orixe así á Gran Mesquita Al-Haram, que será novamente agrandada, enriquecida, destruída e reconstruída numerosas veces ao longo dos séculos. O califa Al-Mansur (754-775) dobra o tamaño do ala norte e oeste e o seu sucesor Al-Mahdi, no 777, ordena a reconstrución demolendo máis casas arredor, nun plan reticular de 196x142m con tres minaretes. En 1399 produciuse un incendio e tamén un asolagamento, tras os cales procedeuse a unha nova reconstrución, en 1405.

Xa baixo o poder otomán, en 1571 o sultán Selim II ordenou a remodelación da mesquita ao seu arquitecto Sinan, quen erixiu un teito abovedado sostido por novas columnas. Ademais, en 1629 foi restaurada e a Kaaba reconstruída. O recinto da mesquita ocupaba 192x132m e tiña sete minaretes, mantendo esta estrutura básica ata 1918.[3]

Mentres A Meca, o organismo urbano, conservou tamén a súa disposición histórica ata o século XX , trepando polos outeiros arredor do gran templo no val, e crecendo ao longo das rutas que partían da cidade.[4][5][6]

Baixo a Dinastía Saudita[editar | editar a fonte]

Tras un efémero reino de Hiyaz do que foi capital (1916-1924), a dinastía Saudita, fundadora do moderno estado de Arabia Saudita, impulsou a ampliación da Gran Mesquita (1955-1973 e 1982 ata o presente[7]), con extensas demolicións arredor[8] converténdoa no edificio relixioso maior do mundo, ao calor dun crecente número de peregrinos que contabilízanse xa por millóns. Toda unha rede de infraestruturas tense construído para o seu romaxe.[9][10] Ademais, na actualidade, lévanse adiante vastos proxectos urbanísticos nas inmediacións da mesquita que teñen implicado ou o farán a virtual desaparición do tecido e arquitectura tradicionais, substitutos por xigantescos rañaceos e barrios de apartamentos de luxo.[11][12]

Economía[editar | editar a fonte]

A economía da cidade depende case exclusivamente das persoas que asisten ao Hajj, a peregrinación que os fieis musulmáns realizan á Meca. Esta deixa na cidade máis de 100 millóns de dólares, ao mesmo tempo o goberno saudita invirte preto de 50 millóns en servizos para os peregrinos.

A pesar de que na cidade tamén existen algunha industria o papel que desenvolve A Meca na economía do país e irrelevante, xa que esta se basea nas importacións de petroleo.

Administración[editar | editar a fonte]

A cidade da Meca está gobernada polo concello homónimo, cuxo goberno está formado por 14 membros electos na cidade e presididos por un alcalde (Al-Amin) nomeado polo goberno de Arabia Saudita.

A cidade é a capital da provincia co mesmo nome, cuxa cidade con máis poboación é Jeddah. O gobernador desta provincia foi entre 2000 e 2007, ano do seu falecemento, o príncipe Abdul Majeed bin Abdulaziz Al Saud. O 16 de maio de 2007 foi sucedido polo príncipe Khalid bin Faisal Al Saud.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Meca
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de A Meca

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]