Bicarbonato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os bicarbonatos, tamén chamados carbonatos ácidos e hidroxenocarbonatos, son os sales derivados do ácido carbónico, H2CO3, que conteñen o anión HCO3-.

Aínda que o nome bicarbonato está moi estendido en case todos os idiomas, non está recomendado pola IUPAC, que prefire o nome antigo, anión carbonato ácido, para o anión, ou, para os sales, carbonato ácido do metal correspondente, ou mellor aínda, o nome sistemático, anión hidroxenotrioxocarbonato (IV) ou, para os sales, hidroxenotrioxocarbonato (IV) do metal correspondente.

O bicarbonato máis importante é o bicarbonato de sodio. Debido á súa relativamente baixa solubilidade é un intermediario clave no proceso de obtención do carbonato de sodio segundo o métoto Solvay.

Os bicarbonatos encóntranse en equilibrio cos carbonatos, auga e anhídrido carbónico (CO2). Este equilibrio intervén nunha multitude de procesos naturais e artificiais. O corpo emprega catalizadores de zinc para que se produza máis rapidamente e facilitar así a respiración.

O feito de que o bicarbonato de calcio, Ca(HCO3)2, sexa máis solúbel que o carbonato de calcio, CaCO3, (que integra as rochas calcarias) é moi importante en xeoquímica e conduce á formación dos sistemas cársicos nas rochas calcarias.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Ao tratárense de sales dun ácido débil, os bicarbonatos solúbeis teñen carácter básico. Así, o bicarbonato de sodio é parte esencial de moitas formulacións de antiácidos estomacais. O mesmo composto tamén se utiliza nos extintores e incendios de po de neve carbónica.

Polo feito de que os bicarbonatos en contacto con ácidos liberan dióxido de carbono utilízanse en lévedos químicos (empregando xeralmente trifosfatos como ácidos) e nas formulacións de tabletas ou pos efervescentes (a miúdo en combinación con ácido cítrico).

Unha da funcións principais do bicarbonato é transportar o CO2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bicarbonatos

Outros artigos[editar | editar a fonte]