Subrexión de Douro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douro é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Norte. Está constituída polos concellos pertencentes aos distritos de Bragança, Vila Real, Viseu e Guarda. Limita ao norte coa subrexión de Alto Trás-os-Montes, ao leste co Estado español, ao sur coas subrexións de Beira Interior Norte e Dão-Lafões, e ao oeste coa subrexión de Támega. Ocupa unha extensión de 4.112 km² e ten unha poboación de 205.902 habitantes (2011[1]).
Concellos [editar]
Comprende 19 concellos:
- Alijó
- Armamar
- Carrazeda de Ansiães
- Freixo de Espada à Cinta
- Lamego
- Mesão Frio
- Moimenta da Beira
- Murça
- Penedono
- Peso da Régua
- Sabrosa
- Santa Marta de Penaguião
- São João da Pesqueira
- Sernancelhe
- Tabuaço
- Tarouca
- Torre de Moncorvo
- Vila Nova de Foz Côa
- Vila Real
Vila Flor pasou a formar parte da subrexión de Alto Trás-os-Montes.