Bukhara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°10′N 63°40′E / 40.167°N 63.667°E / 40.167; 63.667

O palacio do emir de Bukhara.

Bukhara, Bucara, Buxara ou Buxoro (en lingua usbeca Buxoro, en alfabeto cirílico Бухоро) é a quinta cidade máis poboada do Usbequistán e a capital da provincia de Buhkara (Bukhoro viloyati).

Tiña unha poboación de 237.900 habitantes (censo de 1999), maioritariamente taxicos de lingua persa.

Bukhara e Samarcanda son os dous principais centros da cultura e a historia taxico-persa.

Durante o período soviético, estes dous centros taxicos foron anexionados á República Socialista Soviética de Usbequistán, en contra da vontade dos taxicos da Asia Central.

En 1993 o seu centro foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco.

Algunhas personalidades relacionadas con Bukhara son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]