Vasco da Gama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Vasco da Gama
Vasco da Gama
Nacemento: Data descoñecida
Sines Portugal Portugal
Falecemento: 1524
Cochín Flag of India.svg India
Ocupación: Vicerrei da India Flag Portugal (1521).svg

Vasco da Gama, nado en Sines en 1460 ou 1469 e finado en Cochín, na actual India, o 24 de decembro de 1524, foi un célebre navegante e explorador portugués.

Índice

Traxectoria[editar]

Manuel I confioulle o comando da flota que, o 8 de xullo de 1497, partíu do Texo en busca da India, con 150 homes (mariñeiros e soldados) distribuídos en catro pequenos navíos:

  • San Gabriel, feita especialmente para esa viaxe e comandada polo propio Vasco da Gama.
  • San Rafael, tamén feita para esta viaxe e comandada por Paulo da Gama, irmán do capitán maior.
  • Berrio, rebautizado como San Miguel (mais este continuou a ser coñecido polo seu primeiro nome), comandado por Nicolau Coelho.
  • Unha naveta para transporte de mantementos, que foi queimada perto da baía de San Brás, e que foi comandada por Gonçalo Nunes.

O 2 de marzo de 1498, aportou a armada a Mozambique, despois de sofrir fortes temporais e de ter Vasco da Gama sufocado, con man de ferro, unha revolta da tripulación.

O piloto que o sultán da Illa de Mozambique lle deu, a certa altura, para o conducir á India, foi secretamente incumbido de entregar os navíos portugueses aos Mouros en Mombasa. Unha casualidade fixo descobrir a emboscada e Vasco da Gama puido continuar até Melinde, cuxo rei lle forneceu un piloto árabe (Malemo Caná), coñecedor do Oceano Índico.

O 20 de maio de 1498, avistaba Calecut (actual Kozhikode), descubrindo o camiño marítimo para a India.

Regreso a Lisboa[editar]

Vasco da Gama (without background).jpg

Vasco da Gama regresou a Lisboa no verán de 1499, un mes despois dos seus compañeiros, pois tivo de enterrar o irmán máis vello (Paulo da Gama) que adoecera e acabara por morrer na illa Terceira, nos Azores. Don Manuel recompensou este glorioso feito, nomeando Vasco da Gama almirante maior das Indias e dándolle unha renda de trescentos mil reis que pasaría para os fillos que tivese. Recibiu, conxuntamente cos irmáns, o título de Don e dúas vilas, en Sines e Vila Nova de Milfontes.

Voltou dúas veces máis á India, da que foi gobernador e segundo vice-rei e onde acabou por morrer, na cidade de Cochín.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]