Galeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Galeno
Galen detail.jpg
Galeno Liografía de Pierre Roche Vigneron, ca. 1865
Datos persoais
Nacemento c, 131
Lugar Pérgamo
Falecemento 201
Lugar posibelmente en Sicilia
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade greco-romano
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en sobre a medicina xudía, cristiá e musulmá da Idade Media
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Claudio Galeno, ou en latín Claudius Galenus, nado en Pérgamo, na antiga Misia, hoxe Bergama, Turquía, contra o 131 d.C. e finado no 201 d.C., posibelmente en Sicilia, foi un médico greco-romano da Antigüidade, considerado a máxima autoridade médica durante uns 1.300 anos, exercendo unha influencia duradeira sobre a medicina xudía, cristiá e musulmá da Idade Media. É considerado, así mesmo, o pai da farmacia. O seu nome, Claudio, non aparece nos textos antigos gregos, comezando a usarse durante o Renacemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Aulios Nicón, un rico arquitecto, que o educou de neno, en 146 d.C. comezou a estudar medicina na súa cidade natal. Tendo arredor de vinte anos, deixou Pérgamo para marchar a Esmirna, para poder seguir as ensinanzas do físico e anatomista Pélope e máis do filósofo peripatético Albinus, ao tempo que exerce como terapeuta do deus Asclepio (Esculapio), no templo local, durante catro anos. Percorreu logo outras cidades, logo da morte do seu pai, de xeito que sabemos que no ano 158 ou 157 d.C. volveu desde Alexandría a Pérgamo, para exercer como físico (médico) nunha escola de gladiadores, durante uns tres ou catro anos. Ao longo dese tempo colleu abonda experiencia no tratamento de traumas físicos e feridas. Posteriormente cualificaría as feridas como "fiestras do corpo".

Galeno practicou audaces prácticas que non serían empregadas durante case dous mil anos, como operacións cerebrais e oculares. Para operar cataratas, utilizaría unha especie de longa agulla, que remexería coidadosamente para extirpar as mesmas. De xeito que se pode afirmar que Galeno fixou o modelo para a moderna medicina en formas diferentes.

No ano 162 d.C., marchou a Roma, onde escribiu extensamente, ensinou e fixo demostracións públicas dos seus coñecementos de anatomía. Gañou unha enorme reputación como médico experimentado, de xeito que foi chamado á Corte imperial, converténdose no médico do Emperador Marco Aurelio. Logo sería tamén médico de Lucio Vero, Cómodo e Septimio Severo. Falaba e escribía en grego, idioma que era bastante utilizado en Roma. Retornou a Pérgamo durante un breve período entre 166-169.

Galeno residiu o resto da súa vida en Roma, na Corte imperial, experimentando e escribindo. Realizou viviseccións en numerosos animais para estudar as funcións dos riles e a medula espiñal. O seu animal favorito para experimentación foi o mono de Berbería. Acéptase que empregou vinte escribáns para que anotasen os seus ditados. No 191 d.C. un incendio no Templo da Paz destruíu varias das súas obras. A data da súa morte tense fixado sobre o ano 200 d.C., baseándose en referencias do século X; porén, tense argumentado que quizá vivíu ata 216, dado que os seus últimos escritos parecen ser posteriores ao ano 207.

Transcendencia da súa obra[editar | editar a fonte]

Galeno superou a medicina hipocrática nun sentido "renacentista". No seu traballo "Sobre os elementos segundo Hipócrates" describe o sistema filosófico dos catro humores corpóreos, que son identificados cos "catro elementos" da Antigüidade. Desenvolveu a súa propia teoría sobre os mesmo, deixando de lado as obras latinas de Celso.

As teorías de Galeno, poñen en evidencia unha creación (natureza, physis) realizada por un creador singular. Feito polo cal foron moi aceptábeis para os estudosos seguintes, fosen cristiáns, musulmáns ou hebreos. O seu principio fundamental da vida era o pneuma (hálito, espírito, alento), que escritores posteriores interpretaron como ánima (alma). O espírito animal no cerebro controlaba movementos, percepcións e sentidos; o espírito vital no corazón controlaba o sangue e a temperatura corpórea; o espírito natural no fígado regulaba a alimentación e o metabolismo.

Galeno acrecentou os seus coñecementos por medio de experimentos con animais vivos. Un dos seus métodos consistía en diseccionar un porco vivo e cortar consecutivamente os feixes dos nervios. Cortando o nervio da larinxe (agora coñecido como nervio de Galeno), o porco cesaba de berrar. Ligou os uréteres de animais vivos para demostrar que a urina proviña dos riles. Dividiu a medula espiñal para demostrar a parálise, etcétera.

Desde un punto de vista moderno, os coñecementos de Galeno eran en parte correctos e en parte defectuosos. Demostrou que as arterias transportan sangue, e non aire, efectuando os primeiros estudos sobre as funcións dos nervios, do cerebro e do corazón. Por outra banda mantivo que a mente se situaba no cerebro, e non no corazón, como defendera Aristóteles.

Porén moitos saberes galénicos son errados desde unha perspectiva moderna. Non recoñeceu a circulación do sangue, e xulgou que os sistemas venosos e arteriais estaban separados, punto de vista que non mudou ata os traballos de William Harvey no século XVII. Como a maior parte da súa ciencia dependeu de diseccións de animais (porcos, cans, simios), extrapolou que a "rete mirabile" - un complexo sanguíneo dos ungulados -, existía tamén no corpo humano. Por outra banda non utilizou a vendaxe para deter as hemorraxias, exhortando, por contra, a usar o sangrado ou sangría como tratamento médico.

A autoridade de Galeno dominou a medicina totalmente ata fins do século XVI. Os seus discípulos a penas experimentaron, bloqueando así os estudos de fisioloxía e de anatomía, desde o momento, que segundo eles, Galeno xa describira todo. A sangría converteuse nun procedemento médico universal, debéndose o primeiro cambio en contra a Vesalio.

A maioría das obras gregas de Galeno foron traducidas por monxes nestorianos no centro médico e universitario sasánida de Jundishapur, Persia. Os eruditos musulmáns traduciríano moi logo ao árabe, xunto con outros moitos autores gregos, constituíndose así nunha das fontes principais para a medicina islámica, da que os mellores expoñentes foran Avicena e Rhazes.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

Galeno legou non menos de 500 obras, que tomou o traballo de clasificar en Sobre as súas obras (Περὶ τῶν Ἰδίων / Peri tôn idiôn) e Sobre a orde das súas obras (Περὶ τῆς Τάξεως τῶν Ἰδιων Βιβλίων / Peri tês taxeôs tôn idiôn bibliôn). Esforzouse en edificar unha enciclopedia das ciencias da súa época, colocándose por encima das diversas escolas: "Eu cualificaría de escravos a aqueles que se din hiprocáticos ou praxagoreanos ou reclaman seguiren algunha autoridade, pois eu escollería o que haxa de bo en calquera escola".

Obra conservada[editar | editar a fonte]

Só unha parte da súa obra venceu os séculos:

  • 83 tratados ;
  • 19 tratados, atribuídos con dúbidas ;
  • 45 tratados apócrifos ;
  • 19 fragmentos ;
  • 15 comentarios sobre Hipócrates.

Isto é explicábel polo incendio do Templo da Paz, onde Galeno impartía as súas leccións, que destruíu boa parte dos seus escritos. Moitos dos traballos restantes foron preservados por eruditos cristiáns (Constantino o Africano, século XI), musulmáns (especialmente Averroes, século XII) e xudíos.

Galeno non só escribiu sobre medicina e outras ciencias naturais, senón que tamén nos legou traballos filosóficos e filolóxicos, debémoslle unha Introdución á dialéctica e un tratado Da demostración, así como como un comentario do Timeo, un diálogo de Platón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Iniciación a la dialéctica. México: Universidad Nacional Autónoma: 1982 - ISBN 968 58 02 97 1
  • Sobre la localización de las enfermedades. Madrid: Editorial Gredos: 1997 - ISBN 978-84-249-1888-0
  • Tratados filosóficos y autobiográficos. Madrid: Editorial Gredos: 2002 - ISBN 978-84-249-2342-6
  • Procedimientos anatómicos. Madrid: Editorial Gredos: 2002 - ISBN 978-84-249-2367-9
  • Sobre las facultades naturales: las facultades del alma siguen los temperamentos del cuerpo. Madrid: Editorial Gredos: 2003 - ISBN 978-84-249-2395-2
  • Sobre la composición de los medicamentos según los lugares: Libro II. Las Palmas: Universidad de Las Palmas de Gran Canaria: 2005 -ISBN 84-96502-26-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]