Calcuta - কলকাতা
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Calcuta")
Calcuta, de nome oficial Kolkata (কলকাতা), (ata o 1 de xaneiro, de 2001, oficialmente Calcutta), é a capital do estado indio de Bengala Occidental. O seu nome orixinal era Kolikata (en bengalí: কলিকাতা) que aínda se utiliza na literatura culta. É coñecida como "a cidade da ledicia" e "a cidade dos palazos". Tamén se coñece como "Michhil Nagari" (মিছিল নগরী).
No seu día foi a cidade máis poboada da India, aínda que na actualidade é superada por Mumbai. Se se inclúe a súa poboación metropolitana, é unha das dez cidades máis poboadas do mundo, cuns 12 millóns de habitantes.
[editar] Galería de imaxes
-
Calcuta en 1945
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos