Surat
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Surat é unha importante cidade do estado de Guxarat, na costa occidental da India. Situada á beira do río Tapi preto da súa desembocadura no Mar Arábigo, ubícase na ruta entre a capital do estado, Ahmedabad, ao norte e a megalópole de Mumbai, a uns 200 quilómetros ó sur.
Porto de renome dende época antiga, acadou o seu cénit co Imperio Mogol nos séculos XVI e XVII. Despois deveu un centro da industria textil e o comercio de diamantes. Na actualidade é unha das urbes de máis rápido crecemento do país habendo duplicado a súa poboación dende o censo do 2001 (5.064.219h, 2011).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |