Colombo
| Colombo | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Provincia: | Provincia Oeste |
| Distrito: | Distrito de Colombo |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 37´31 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 642.163 hab. (2001) |
| Densidade de poboación: | 17.211 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | www.cmc.lk |
Colombo é a principal cidade de Sri Lanka con 642.163 habitantes (2001) e máis de 2 millóns na área metropolitana. Está situada na costa suroccidental do país, e, durante, seiscentos anos foi unha das capitais do país. En 1977 a capitalidade foi transferida para a próxima Sri Jayawardenapura-Kotte, mais Colombo segue a ser o centro económico do estado.
Índice |
Xeografía [editar]
O espazo da cidade é unha mestura de terra e auga, pois posúe numerosos canais e, no mesmo corazón do casco urbano, conta co lago Beira de 65 ha de superfice, que constitúe un dos lugares emblemáticos da localidade. O norte e nordeste da cidade están bordeados polo río Kelani, que desauga no mar no barrio denominado Modera ( Mōdara en singalés), que significa "delta de río"
O clima de Colombo é de temperaturas relativamente moderadas: 31º C entre marzo e abril e 22º C nos meses invernais. A maior alteración ocorre durante as estacións do monzón, entre maio e agosto, e entre outubro e xaneiro, nos que se poden esperar fortes chuvias. A media anual de precipitacións é de 2.400 mm.
Nome [editar]
O nome Colombo foi introducido polos portugueses en 1505. Semella derivado do termo singalés clásico kolon thota, que significa "porto sobre o río Kelani". Outra teoría supón que deriva da expresión singalesa kola-amba-thota, que significa "porto con árbores frondosas de mango".
Economía [editar]
Colombo é un dos portos máis activos do Océano Índico, atravé do cal transita boa parte dos produtos de exportación da illa: té, caucho, aceite de coco, copra e pedras preciosas.
Posúe industrias de trasformación (manufacturas de tabaco, fabricas téxtiles , etc) e un complexo siderúrxico.
Historia [editar]
Colombo foi xa coñecida polos mercaderes romanos, chineses e árabes hai centos de anos. Foi durante séculos un porto frecuentado polos navegantes árabes, pois acabaron por ocupala desde o século VIII, e controlaban desde a cidade o tráfico para o interior da illa. No XVI os portugueses botaron da cidade os musulmáns, levantando unha fortaleza para protexer o tráfico de especias.
Os holandeses conquistárona en 1656, logo dun épico asedio, ao término do cal os portugueses sobreviventes recibiron un salvoconduto. Colombo foi entón a capital dos territorios marítimos da Compañía Holandesa das Indias Orientais até 1796.
Os británicos fixéronse con ela e convertérona na capital da nova colonia de Ceilán. Sri Lanka obtivo a independencia pacificamente en 1948, e Colombo tornouse a capital do novo estado.
As distintas ocupacións estranxeiras tiveron un enorme impacto na cultura local, ben visíbeis na arquitectura da cidade.