Dacca

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaDacca
ঢাকা (bn)
ڈھاکہ (ur) Editar o valor em Wikidata
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 23°43′44″N 90°23′40″L / 23.7289, 90.3944Coordenadas: 23°43′44″N 90°23′40″L / 23.7289, 90.3944
EstadoBangladesh
Divisões (pt) TraducirDhaka (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación16.800.000 (2017) Editar o valor em Wikidata (45.652,17 hab./km²)
Lingua oficiallingua bangla Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie368 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude60 m Editar o valor em Wikidata
Creación1608 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAtiqul Islam (en) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1000, 1100, 1200–1299 e 1300–1399 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+6 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico02 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdhakacity.org Editar o valor em Wikidata

Dacca[1] ou Daca[2] (bengalí: ঢাকা, transcrito Ḍhākā; pronunciado: [ɖʱaka]) é a capital e a maior cidade de Bangladesh. Tamén é a sexta cidade por número de poboación e a sétima por densidade de poboación do mundo. Dacca é unha megacidade e tiña unha poboación de 10,2 millóns de persoas en 2022, chegando a 22,4 millóns de residentes na súa área metropolitana.[3][4][5] Está considerada como a cidade máis densamente urbanizada do mundo.[6][7] Dacca é un importante centro cultural, económico e científico da rexión de Bengala e Asia Meridional, así como unha das máis importantes cidades de maioría islámica. A súa área metropolitana ten un produto interior bruto de 226 billóns de dólares estadounidense e a área da propia cidade por si soa ten un PIB de 141 billóns de dólares. A renda per cápita era de 9 626 $. Daca é a segunda cidade de Asia Meridional (despois de Bombai) por Produto interior bruto e a 39ª do mundo. Sita no delta do Ganxes, está arrodeada polos ríos Buriganga, Turag, Dhaleshwari e Shitalakshya. Dacca tamén é cidade de fala bengalí meirande do mundo.

É unha cidade global,[8] e o centro político, económico e cultural de Bangladesh. É a sede do goberno de Bangladesh e de moitas empresas nacionais, así como de numerosas organizacións educativas, científicas e culturais. Dende o seu estabelecemento como cidade moderna; a súa poboación, área e diversidade social e económica non parou de medrar. Tamén é unha das zonas máis densamente industrializadas do país. Ela soa supón o 35% da economía de Bangladesh.[9] O Dhaka Stock Exchange ten listadas até 750 empresas. Dacca acolle 50 misións diplomáticas de todo o mundo e a sede BIMSTEC, CIRDAP e International Jute Study Group.

Dacca é recoñecida a nivel mundial pola súa cultura culinaria (como o biryani), os rickshaws, os festivais de arte e a diversidade relixiosa. A zona vella da cidade ten arredor de 2 000 edificios da época do Imperio mogol e o Imperio británico. Dende 1947, Dacca veu medrar de xeito significativo a industria editorial, cunha emerxente e próspera prensa.[10] Na literatura bengalí, a herdanza cultural de Dacca tivo unha grande influencia en obras de Akhteruzzaman Elias, Tahmima Anam, Shazia Omar e outros escritores bengalís.[11]

Historia[editar | editar a fonte]

Pre-mogol[editar | editar a fonte]

A historia dos asentamentos urbanos na zona da actual Dacca remóntase ao primeiro milenio.[12] A rexión formaba parte do antigo distrito de Bikrampur, gobernado pola dinastía Sena.[13] Baixo o dominio islámico, pasou a formar parte do distrito histórico de Sonargaon, centro administrativo rexional dos sultanatos de Delhi e de Bengala.[14] A Gran Estrada Principal atravesaba a rexión, conectándoa co norte da India, Asia Central e a cidade portuaria de Chittagong, ao sueste. Antes de Dacca, a capital de Bengala era Gour. Outras capitais anteriores foron Pandua, Bikrampur e Sonargaon. Esta última foi tamén a sede de Isa Khan e do seu fillo Musa Khan, que encabezaron unha confederación de doce caciques que se resistiron á expansión mogol no leste de Bengala a finais do século XVI. Debido a un cambio no curso do río Ganxes, perdeuse a importancia estratéxica de Gour. Dacca considerouse de importancia estratéxica debido á necesidade mogol de consolidar o control no leste de Bengala. Os mogoles tamén planeaban estender o seu imperio máis aló de Assam e Arakan. Dacca e Chittagong convertéronse nas fronteiras orientais do Imperio mogol.

Orixes[editar | editar a fonte]

Os catro templos de Shiva dentro do complexo do Dhakeshwari.

A partir do século VII da nosa era hai constancia de asentamentos no lugar, entón nos dominios do reino budista de Kamarupa. No século IX pasan ao poder da dinastía hinduísta Sena (do imperio Pala), a un de cuxos raxás, Ballal Sen, se lle atribúe a fundación do templo Dhakeshwari (século XII, posible orixe do nome da cidade) no noroeste do centro actual (cidade universitaria).

Con todo, o nome co que nese tempo se identificaba a área é Bengalla. Tratábase dunha pequena cidade xunto ao río Buriganga (co pequeno brazo do Dulai protexéndoa polo leste), composta de varios mercados (Lakshmi Bazar, Shankhari Bazar, Tanti Bazar) e barrios de asentamento de artesáns e mercadores (Patuatuli, Kumartuli, Bania Nagar e Goal Nagar). Nalgunhas citas fálase de 52 bazares e 53 camiños[15].

Do século XIV ao XVI estivo en poder de soberanos turcos e afgáns. Estes últimos construíron un forte no oeste da cidade vella.

Capital mogola de Bengala[editar | editar a fonte]

En 1608 o Imperio mogol estende o seu dominio sobre Bengala, instalando a capital da rexión en Dacca que renomean como Jahangirnagar (polo emperador Jahangir). Comeza a mellor época da historia da cidade, aquela en que se converte nun dos centros comerciais máis importantes do sueste asiático, fundamentalmente dos téxtiles do algodón. Os europeos arriban e a poboación crece ata se converter, na segunda metade do século XVII, nunha grande urbe (18x12 km).[16]

A expansión prodúcese sobre todo ao longo da beira do río, establecéndose o centro comercial e institucional no oeste da cidade pre-mogol, entre a área do Forte (convertido en primeira residencia dos vicerreis mogois) e o Buriganga, zona hoxe chamada Chawk Bazar. Ao norte estendíanse as zonas residenciais. Dous eixos, establecidos despois de mediado o século polo khan Mir Jumla para unir unha rede de fortes que protexían a cidade, van marcar para sempre o desenvolvemento de Dacca: un cara ao norte ata Tongi (que, á altura de Tejgaon, acolleu todas as factorías dos europeos dando inicio á vocación industrial que aínda ten o barrio); outro cara ao leste seguindo o curso do río.

O Forte Lalbagh.

Inda máis ao oeste, en tempos do emperador Aurangzeb construirase un novo pazo-fortaleza monumental, o Forte Lalbagh (1678).

Colonia británica[editar | editar a fonte]

En 1717 perde a condición de capital, o que sumado a que a Compañía Británica das Indias Orientais, a quen pasou a pertencer en 1765, elixiu Calcuta como o seu cuartel xeral, fixo que a cidade sufrira un grave estancamento e posterior declive económico.[17] Grandes áreas quedaron despoboadas (en 1859 a cidade viuse reducida a 5x2 km).

Só a partir da segunda metade do século XIX a cidade comezou a recobrar o pulso, polo menos no referido á modernización das súas estruturas (auga, electricidade, pavimentación). Xa en 1825 clarexouse unha área no norte para un campo de carreiras (despois Parque Ramna). Co tempo, esta área viu desenvolver ao seu arredor varios plans urbanísticos da tipoloxía de cidade-xardín. A beira do río tamén foi elixida para levantar por parte das elites as mansións, escolas, hospitais e paseos ata a chegada do ferrocarril en 1885, cando, pouco a pouco, se foi convertendo na traseira da cidade.

O Curzon Hall, no campus da Universidade de Dhaka.

Coa partición de Bengala en 1905, Lord Curzon planificou unha área institucional entre a cidade histórica e o parque Ramna, con edificios suntuosos á europea que, finalmente, perante a anulación da nova administración, desenvolveuse nos anos sucesivos como campus da Universidade de Dacca.

Independencia e capital de Bangladesh[editar | editar a fonte]

Asemblea Nacional, Louis I. Kahn.

En 1947, a independencia e partición da India provocou a fuxida dos hindús pero, sobre todo, a chegada dunha masa inxente de refuxiados musulmáns de Bengala Occidental, Assam e Bihar, o que incrementou dramaticamente a poboación da cidade cos problemas sociais derivados do aloxamento e fornecemento de servizos axeitados.

En 1971, a constitución de Bangladesh como estado soberano fixo de Dacca a súa capital. Dende os sesenta planificábase unha nova área representativa para a capitalidade de Paquistán Oriental ao noroeste de Tejgaon a cargo dun dos arquitectos máis recoñecidos do movemento moderno, o estadounidense de ascendencia paquistaní Louis Kahn. O proxecto non rematou ata os oitenta e serviu xa para os novos cometidos estatais.

Dende a súa condición de centro dun dos países máis pobres e poboados do mundo, Dacca non deixou de medrar ata se converter nunha das maiores metrópoles do planeta, pero asemade con todos os problemas de aglomeración e precariedade característicos das urbes do terceiro mundo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de Dacca entre 1951 e 2022

A cidade, en combinación con localidades que forman a área metropolitana, era fogar de máis de 22 millóns de persoas no ano 2022.[18] A poboación medra arredor dun 3,3% cada ano,[18] unha das meirandes taxas de toda Asia.[19] O crecemento continuado é un reflexo da migración constante das áreas rurais á rexión urbana de Dacca. Este movemento de poboación supuxo o 60% do crecemento da cidade nas décadas de 1960 e 1970. Recentemente, a poboación tamén aumentou pola expansión dos límites da cidade, feito que engadiu un millón de habitantes adicional na década de 1980.[19] De acordo co Far Eastern Economic Review, Dacca acadará os 25 millóns de habitantes para o ano 2025.[20]

Etnias[editar | editar a fonte]

A cidade acolle persoas de practicamente todas as rexións de Bangladesh. Os habitantes orixinais da cidade, coñecidos como daccaítas, teñen unha cultura e un dialecto propio. Dacca tamén é fogar dun número importante de refuxiados biharís, que son descendentes de migrantes musulmáns do leste da India que se asentaron en 1947. O número exacto de biharís é difícil de determinar, mais está estimado nuns 300 000 en todo o país (por ser falantes de urdú), habitantes a maioría deles de Dacca e de campos de refuxiados da cidade, aínda que os datos oficiais indican só uns 40 000.[21][22][23] Tamén hai entre 15 000 e 20 000 rohingyas, santais, khasis, garos, chakmas e mandis vivindo na cidade.[24]

Linguas[editar | editar a fonte]







     Bengalí (98%)     Urdú (1%)     Outras (1%)

A maioría dos habitantes de Dacca falan bengalí, a lingua nacional de Bangladesh. Existen varios dialectos bengalís moi característicos e tamén linguas rexionais como o dhakaiya kutti, o chittagoniano e o sylheti. O inglés é falado por unha boa parte da poboación, especialmente por motivos económicos e de negocios. A cidade ten xornais tanto en lingua bengalí como en inglés. O urdú, incluído o dialecto dhakaiya, é falado polos membros de varias comunidades non bengalís, entre as que se atopan os biharís.[25]

Alfabetización[editar | editar a fonte]

A taxa de alfabetización tamén está aumentando rapidamente. Estímase que era do 69,2% en 2001 e en 2011 aumentara até o 74,6%,[26] que é lixeiramente superior que a media nacional de 72%.[27]

Relixión[editar | editar a fonte]

Relixión Porcentaxe
Islamismo
  
95.72%
Hinduísmo
  
3.60%
Cristianismo
  
0.55%
Outras ou sen precisar
  
0.13%

O islamismo é a relixión dominante da cidade, con 19,3 millóns de fieis, sendo a maioría deles sunnitas. Tamén existe unha pequena comunidade xiíta e outra ahmadi. O hinduísmo é a segunda relixión por número de fieis, arredor de 1,47 millóns. Outras minorías representan menos do 1% e practican o cristianismo e o budismo. Na propia cidade, uns 8,5 millóns dos 8,9 millóns de residentes son musulmáns, mentres que 320 000 son hindús e 50 000 cristiáns.[28][29]

Economía[editar | editar a fonte]

Dacca é o centro comercial de Bangladesh, o poder adquisitivo da poboación é moito maior que o do resto do país ao igual que a porcentaxe de clase media. No seu contorno concéntrase case a totalidade dos postos de traballo xerados pola industria nacional, sendo historicamente centro de recepción de inmigración tanto interna como externa.

Rúa de Dacca en hora punta

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600. 
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. Daca (Bangladés) 
  3. Desk, Tribune (14 de xaneiro de 2022). "Dhaka ranks world's sixth most populous city". Dhaka Tribune. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de xaneiro de 2023. 
  4. "Population & Housing Census-2011" (PDF). Bangladesh Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de decembro de 2015. Consultado o 17 de maio de 2021. 
  5. "The World's Most Densely Populated Cities". WorldAtlas. 4 de outubro de 2020. 
  6. "Demographia World Urban Areas 17th Annual Edition: 202106" (PDF). Demographia. 
  7. Ferreira, Luana (3 de setembro de 2021). "Here's How Many People Live In The Most Densely Populated City On Earth". Grunge.com. Consultado o 2 de febreiro de 2022. 
  8. "The World According to GaWC 2020". GaWC - Research Network. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2020. Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  9. Rezaul Karim (24 de febreiro de 2017). "Dhaka's economic activities unplanned: analysts". The Daily Star. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  10. "How Partition impacted the Dhaka book trade". The Daily Star. 19 de agosto de 2022. 
  11. "Dhaka and Akhtaruzzaman Elias". Dhaka Tribune. 16 de xuño de 2022. 
  12. "Dhaka". Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de decembro do 2023. 
  13. Dhaka City Corporation (5 de setembro de 2006). "Pre-Mughal Dhaka (before 1608)". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2008. Consultado o 23 de decembro do 2023. 
  14. "From Jahangirnagar to Dhaka". Forum. The Daily Star. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de decembro do 2023. 
  15. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2013. 
  16. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2013. 
  17. "Dhaka after Mughal period". Consultado o 31 de marzo de 2023. 
  18. 18,0 18,1 "Dhaka Population 2022 (Demographics, Maps, Graphs)". worldpopulationreview.com. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  19. 19,0 19,1 McGee, Terry (27 de setembro de 2006). "Urbanization Takes on New Dimensions in Asia's Population Giants". Population Reference Bureau. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de setembro de 2006. 
  20. Escobar, Pepe (20 de maio de 2006). "The accumulation of the wretched". Asia Times. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2010. Consultado o 8 de maio de 2010. 
  21. "Govt ready to offer nationality to Urdu-speaking people: Moni". The Financial Express (Dacca). Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2011. Consultado o 12 de abril de 2011. 
  22. "Socio-economic Problems of the Urdu Speaking Residents at Mohammadpur" (PDF). Democracy Watch. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2011. Consultado o 12 de abril de 2011. 
  23. Tasmia Persoob. "The Forgotten Community: Camp Based Urdu Speaking People in Bangladesh" (PDF). Jahangirnagar University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2012. Consultado o 12 de abril de 2011. 
  24. "::Our Cities::15th Anniversary Special". The Daily Star. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2007. Consultado o 8 de maio de 2010. 
  25. Sanghamitra Saha (2001). International School of Dravidian Linguistics, ed. A Linguist Visits Bangladesh: A Travelogue. p. 8. ISBN 978-81-85692-30-2. 
  26. "District Statistics 2011, Dhaka" (PDF). Bangladesh Bureau of Statistics. Decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2015. Consultado o 14 de maio de 2015. 
  27. Bangladesh Bureau of Statistics (ed.). "Statistical Yearbook of Bangladesh 2012, Page 35" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de agosto de 2015. Consultado o 14 de maio de 2015. 
  28. "Dhaka". Banglapedia. 
  29. "Population Census 2011: Dhaka Table C-13" (PDF). Bangladesh Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2014. 
  30. Mazumdar, Jaideep (17 de novembro de 2013). "A tale of two cities: Will Kolkata learn from her sister?". The Times of India (Nova Delhi). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 24 de maio de 2021. 
  31. 31,0 31,1 "List Of Sister Cities – What Is A Sister City?". WorldAtlas. 12 de marzo de 2019. 
  32. "Bucharest becomes Dhaka's sister city". The Business Standard. 15 de marzo de 2022. 
  33. "Sister Cities: Similar Customs". 14 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]