Fermín Bouza-Brey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bouza Brey")
Fermín Bouza-Brey
Bouza Brey.jpg
Escultura de José Molares en Pontevedra
Datos persoais
Nacemento 31 de marzo de 1901
Lugar Ponteareas, Pontevedra Galicia Galicia
Falecemento 11 de xuño de 1973
Lugar Santiago de Compostela Galicia Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego, castelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, narrativa
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1992.

Fermín Bouza-Brey Trillo, nado en Ponteareas o 31 de marzo de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 11 de xuño de 1973, foi un escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Luís Bouza Trillo (1869-1941), un polígrafo vilagarcián, que viviu de a cabalo entre os dous séculos, literato en castelán, e, menos, en galego.

Estudou Filosofía e Letras xunto con Dereito, nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, acadando o título de doutor nesta última. Logo opositou á maxistratura, exercendo como xuíz, sucesivamente, en Santiago de Compostela, Lleida, Pontevedra e Oviedo[1].

En 1919 publicou o seu primeiro artigo, Teatro de antaño en Santiago en castelán. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923 e ao ano seguinte comeza a escribir pola primeira vez en galego co artigo Os estudantes ao arcebispo. Colaborador en revistas como Cristal, Resol ou Nós. O Centro de Estudios Históricos forneceulle unha bolsa de estudos na Bretaña francesa.

Xuíz dende 1929, durante a Guerra Civil puido salvar a vida de varios veciños: sabendo que ían asasinar a certas persoas, el mandábaas arrestar e gardar na cadea para así protexelas. Por este motivo os falanxistas tentaron tiralo de en medio, e desde ese momento e ata 1952, o seu labor como funcionario público viuse constantemente dificultado polo réxime de Franco e os seus inimigos. En 1937 foi denunciado, acusado de masón, galeguista e desafecto ao réxime, e foi apartado do seu posto. O seu pai, tenente de alcalde de Vilagarcía, foi multado, e ó seu irmán Luís estivo preso no lazareto da Illa de San Simón.

En 1939 foi rehabilitado como xuíz de Vielha, para pasar despois á Estrada, Lleida, Santiago, Pontevedra, Oviedo... Tentando manterse neutral no seu traballo pero sen perder os seus principios chegou ata maxistrado en 1945. Pero a presión dos seus inimigos foi crecendo (xa era un intelectual recoñecido, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, impulsor das investigacións prehistóricas) en 1952 foi expulsado da maxistratura, as intrigas e acusacións deron resultado. En 1948 recibiu a condecoración da Gran Cruz de San Raimundo Peñafort polo seu éxito profesional (criticado e hipocritamente marxinado, presentaríanlle unha denuncia por asuntos extraprofesionais, de feito en 1992 o alcalde do PP de Cortegada rexeitaría en principio que o seu municipio fose sede dos actos de homenaxe polo día das Letras Galegas alegando que el non fixera nada polo concello, finalmente calaría ó ser chamado por Manuel Fraga).

Vivindo en Santiago de Compostela, na rúa do Vilar, onde abriu despacho de avogado, dirixiu exploracións arqueolóxicas, publicaba traballos de lexislatura e reuníase no café con Otero Pedrayo.

Obra[editar | editar a fonte]

Un xuíz de lei, defensor da lingua e da
galeguización.

Como poeta destaca por ser o iniciador do neotrobadorismo cuxa tendencia vai ser seguida, tamén, por Álvaro Cunqueiro ou Xosé María Álvarez Blázquez. A súa obra Nao senlleira é a máxima representante xunto con Seitura. Ingresou na Real Academia Galega en 1941.

Ademais da súa faceta literaria, Fermín Bouza-Brey foi un investigador en campos variados: folclore e etnografía, arqueoloxía, heráldica, arte, epigrafía, historia, historia da literatura e crítica literaria etc. Pódese dicir que foi un dos máximos especialistas en Rosalía de Castro. Posuía unha vasta cultura e estaba ao tanto, como outros membros da xeración do Seminario, das publicacións máis recentes da época, tendo en conta as dificultades inherentes ao franquismo, período no que lle tocou vivir na segunda parte da súa vida. A súa extensa obra escrita - a Biblioteca Universitaria de Santiago ten catalogados máis de 440 títulos seus - foi a dun polígrafo completo que, ademais de atoparse en libros, encóntrase dispersa por innumerábeis publicacións periódicas de Galicia e doutros países. Nalgún caso foi recollida en escolmas.

Creación literaria[editar | editar a fonte]

  • Cabalgadas en Salnés, 1925 (narrativa).
  • Nao senlleira, 1933, Nós (poemario).
  • Seitura, 1955, Livraria Cruz, Braga (poemario).
  • Obra literaria completa, 1981, Xerais.

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Gabriel Feijoo de Araújo, Entremés famoso sobre a pesca no río Miño. Transcrición limiar e notas de F. Bouza-Brey. Vigo. Ed. Monterrey. 1953.
  • Rosalía Castro de Murguía, Cantares gallegos. Vigo. Galaxia. 1963, edición crítica, con introdución e notas de F. Bouza-Brey, no centenario da aparición da obra.

Investigación (selección)[editar | editar a fonte]

  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, Prehistoria e folklore da Barbanza. Ourense 1927.
  • en colaboración con Xosé Ramón Fernández-Oxea e máis Manuel Fontes Canal, A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas. Santiago. 1928.
  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, Os oestrimnios, os saefes e a ofiolatría en Galicia. Santiago. 1929.
  • Nomes galegos da "Digitalis pupurea L.", in rev. Nós, XIII, 95, Ourense. 1931.
  • en colaboración con Florentino López Cuevillas, La civilización neo-eneolítica gallega. Madrid. 1931.
  • en colaboración con Afonso Rodríguez Castelao, Escudos de Rianxo. Santiago de Compostela. 1933.
  • A eirexa prerrománica dos Nogales. Santiago, Arch. Sem. Est. Gal., VI. 1933.
  • Aportación ao diccionario de artistas na Galicia nos séculos XVI ao XIX. in rev. Nós, nª 139-144. Ourense. 1935.
  • La mitología del agua en el noroeste hispánico. A Coruña. 1941.
  • La ceca suevo-visigoda de Laurencio. Madrid. 1942.
  • Vestio Alonieco, nueva deidad galaica. Madrid. 1944.
  • Identificación de cecas suevas y visigodas. Ourense. 1944.
  • en colaboración con Jorge Lorenzo, La casa, el trabajo y la cantiga en Pías (Mondariz, Pontevedra), in Rev. Dial. Trad. Pop., III, Madrid. 1947.
  • Onomástica y tradición de la fresa en Galicia y Asturias, in Rev. Dial. Trad. Pop., VIII, 1952.
  • La ceca suevo-visigoda de Valencia del Sil. Salamanca. 1954.
  • La joven Rosalía en Santiago, in Cuadernos de Estudios Gallegos, XXI, Santiago. 1955.
  • Los tesorillos de monedas romanas de Tremoedo y Sarandón y su significación histórica en Galicia. Zaragoza. 1955.
  • El tesoro romano de Deiro. Santiago. 1961.
  • Platería civil compostelana hasta finales del siglo XIX. Santiago. CSIC. 1962.
  • El grabador gallego Luis de al Piedra. Guimarães. 1962.
  • Los "Cantares gallegos" o Rosalía y los suyos entre 1860 y 1863, in Cuadernos de Estudios Gallegos, XVII, 56, Santiago. 1963.
  • El señorío de Villagarcía desde su fundación hasta su marquesado, 1461-1655. Santiago de Compostela. CSIC. 1965.

Escolmas[editar | editar a fonte]

Parte da súa obra folclórico-etnográfica foi recollida en:

  • Etnografía e folklore de Galicia, 2 t. Vigo. Ed. Xerais de Galicia. 1982, seleccionada por seu fillo José Luís Bouza Álvarez.

Os traballos sobre Rosalía de Castro en:

En relación con Santiago de Compostela:

  • Artigos xacobeos e compostelanos. Introdución e bibliografía de Xesús Carro Otero; presentación de Manuel Fraga Iribarne. S.l., Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cfr. in Bouza-Brey, F., Etnografía e folklore de Galicia (2). Vigo. 1982, na lapela

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Álvaro Cunqueiro
Día das Letras Galegas
1992
Fermín Bouza-Brey
Sucesor:
Eduardo Blanco Amor