Cortegada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cortegada
Escudo de Cortegada
Concello de Cortegada.JPG

Casa do Concello e Biblioteca Municipal de Cortegada.
Situacion Cortegada.PNG
Situación
Xentilicio[1] cortegao
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca do Ribeiro
Poboación 1344 hab. (2009)
Área 26,9 km²
Densidade 49,96 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Política (2011)
Alcalde Avelino de Francisco Martínez
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 6
Outros: -
Eleccións municipais en Cortegada
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 98,40%
Na rede
http://www.cortegada.es

Cortegada é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.231 habitantes.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo Total 1.231
Menores de 15 anos 70 (5,68 %)
Entre 15 e 64 anos 711 (57,75 %)
Maiores de 65 anos 450 (36,55 %)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello limita ao norte co concello da Arnoia, ao leste con Gomesende, ao sur con Padrenda e ao oeste co concello pontevedrés de Crecente. Atópase á beira do río Miño entre os seus afluentes, os ríos Arnoia e Deva.

O Balneario[editar | editar a fonte]

En 1764, D. Pedro Bedoya describe o lugar de Cortegada de Baños:

Caminando de la Ciudade de Ourense, en el Reyno de Galicia, àcia el Poniente, se encuentra el Lugar de Cortegada: está situado en un frondoso valle, a quien rodean por todas partes altos, y empiandos montes, poblados de Arboles, y de donde descienden abundates y claros arroyos. La tierra es jugosa, y fertil de todos los frutos, principalmente de Vino; pertenece a la feligresia de San Benito do Rabiño, y el Señorio de San Benito de Celanova: componese el Pueblo de 35 vecinos cuyos Diezmo rinden 500 ducados anuales.
Saliendo del Lugar àcia el Mediodia por una de dichas calles, ya un triro de piedra, esta un arroyo, llamado de Carrota, pasada la hermida de Sant-Iago y a dos tiros de fusil, esta un fuente, cuyo nombre es Pozalonga, mas adelante se encuentra la fuente llamada de los Bañandos, porque en ella apagaban la sed los que se bañan. A la distancia de un largo tiro de piedra de esta está de la primera fuente mineral, a quien antiguamente llamaban de la Sarna, y al presente de la Piedra. El auga es clara, con olor y sabor de Azufre; bañando en ella una moneda de Cobre, toma color azul, y si es de Plata, le adquiere azul muy obículo.
Desde dicha fuente de Piedra en un campo medianamente llano a 95 pasos se encuentra la que llaman Baño do Campo. Su manantial es a borbollones. A 30 pasos de esta, está la fuente llamada de los Ojos.
La fuente del Hierro està desviada del Baño del Campo, como un tiro de bala, es fría. El baño del Monte tiene este nombre por esta encima de èl, y en un hoyo que allì hace. La subida a élla es aspera, y no se puede subir, ni bajar a caballo, vierte en un Pilón de Canteria de cerca de una vara de alto. Antes del año 1755, era su agua de calidad menos tibia; pero despues de terremoto, que acaeció dicho año sale mas caliente que ninguna.
Estando estas aguas tan inmediatas a la ciudad de Orense, y otras Poblaciones grandes, que mantienen Medicos y Boticarios es de estrañar, que siendo ellas tan maravillosas virtudes, conocidas, buscadas por toda la gente del Reyno, no se ha realizado analysis.
La fuente de la Piedra, que vierte e un Artesón grande, casi siempre ha servido en Baño a los enfermos: y rara vez en bebida. Del primer modo es muy probechosa, para curar las enfermedades cutaneas, Reumatismos o Contracciones de miembros, Ceaticas.
Del agua del Baño del Campo, y de al del Monte, las dos claras, con algun olor a Azufre, y herrubre, el sabor es algo astringente. Útiles en el herpes, Perlesìas, Convulsione, Sarnas. Las referidas fuentes no tienen menor abrigo, tampoco tienes comodidad de Baños; pues los Pilones, que hay son de poco cavidad para tal muchedumbre de enfermos.
D. Miguel Giraldez celebre Boticario de la Villa de Pontevedra, que habiendo estado dos meses en Cortegada con el motivo de asistir a un Caballero, que tomaba aquellas aguas, vió y observó, que el Conde de Fafiñanes sanó perfertamente bañandose de un herpes corrosivo, que le cubria el cutis, Del mismo modo, y del propio mal tuvo igual felicidad el Administrador del Real Hospital del Buen Suceso de la Villa de Madrid, D. Francisco Gil Taboada tambien tomo los baños, y aunque entoncès sano de dicha enfermedad, le repitiò.
Un joven de 27 años, natural de Caldas de Reys, poseido de un terrible, y envejecido escorbuto, usó de cuantos remedios los Medicos de aplicaron sin encontrar mejoría alguna bañandose en este agua logró su perfecta sanidad.

En 1816, Cortegada xa tiña casa de baños regulada e con director médico, chegando persoas a tomar os baños durante a época estival á que acudían tanto persoas do lugar como do resto da provincia e de Portugal. Este fluxo de persoas aumentaría en 1881 coa chegada do tren Vigo-Castilla na localidade veciña de Filgueira (Crecente), que cruzaban o Miño a través de barcas pola aldea da Barca e seguían polo camiño real.

As fontes termais son tres:baños da Pedra (a máis abundante), do Campo (mana a borboroto) e do Monte, antigamente do Castaño(a de menos caudal). Eran e seguen sendo de propiedade comunal (consérvase un foro do século XV regulando o usufruto das augas por parte do mosteiro de Celanova) que a principios do século XX foron alugadas á familia Álvarez (máis coñecidos como "os Tortuga") cos que o lugar viviu o seu maior e último esplendor, erguendo en 1933 un palacete de estilo modernista; uns metros máis abaixo entre Xullo e Outubro o río baixaba de nivel e viñan os bañistas erguéndose varias casetas de madeira cubrindo as fontes para bañarse ao tempo que se construíron varios hoteis no casco vello de Cortegada.

Trala segunda Guerra Mundial os baños comezaron a súa longa decadencia ata que foron atacados de morte coa construción do encoro de Frieira nos anos 70 que subiu o nivel do río cubrindo as mellores fontes termais e multiplicando o nivel de humidade e frío na zona.

Ao longo da década dos 90 tentouse revitalizar o termalismo, sen conseguilo ata o momento, deixando escapar a oportunidade do "balneario" que logo se creou no veciño concello de Arnoia. Actualmente atópase en proceso de legalización as obras realizadas do balneario do monte.

Prehistoria[editar | editar a fonte]

As primeiras pegadas do home atopámolas na Idade do Bronce, cos petróglifos de Valongo (monte Picoñas) e Louredo (coto das ferraduras). Atópase un castro en Abelenda, así como indicios de outros castros en Monte do Castro en Louredo e Muradelle en Refoxos).

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a dominación romana, consérvanse dúas aras, unha en Meréns como agradecemento por recuperar a saúde e outra en Zaparín adicada ao deus Ceceaigis (cunha dedicación semellante en Graginha Chaves).

Na alta Idade Media o lugar atópase poboado por varias comunidades campesiñas que se coñecen a través de varios foros e documentos de doazón ao mosteiro de Celanova [3], estas comunidades labregas xunto a pequenos señores feudais que erguen os seus enclaves aproveitando as terrazas sobre o Miño edificando algunha pequena fortaleza da cal só fican restos na toponimia (lugares de "A Torre" en Zaparín e Louredo) fronte a aceifas de Al-ándalus e logo do veciño Reino de Portugal (sobre todo do rei Afonso Henriques que conquistou varias veces o dominio do Sur de Ourense e Pontevedra).

Ao longo da Idade Media o territorio atópase dividido por varios cotos señoriais, un de señores laicos (Meréns, Louredo, Poulo) e outros relixiosos (pertencentes ós mosteiros de Celanova e Ramirás[4]). O coto señorial que máis terreo ocupado ocupaba era o de Vestiaria (cuxo priorado se conserva no lugar de Refoxos[5])doado polo rei galego-castelán Afonso VII en 1145, o outro Coto era o de San bieito de Arnoia (actual san Bieito do Rabiño).

Ao longo do século XVII prodúcense varias resistencias antiseñoriais polos privilexios económicos dos frades de Celanova e unha renovación de 55 foros, que producen unha auténtica rebelión labrega de todo o Coto da Vestiaria en 1673[6].

Durante o século XIX coa proclamación da Constitución de 1812, suprimiuse o réxime xurisdiccional e establecéronse os Concellos de Rabiño e Valongo . Sen embargo, en 1814, un decreto derrogatorio da Constitución asinado polo Rei Fernando VII, supuxo a restauración do Antigo Réxime e a súa administración señorial derogada outra vez no Trienio Liberal.A instauración definitiva do municipalismo produciuse tralo pasamento do Rei Fernando VII. Deste xeito constituíuse o Concello de Cortegada en 1835,daquela, abranguía ás parroquias de Meréns, Rabiño, Refoxos e Valongo. En 1893 segregáronse de Rabiño as parroquias de Cortegada e Louredo, mentres que a parroquia de Zaparín separouse de Refoxos. Dende entón non houbo variacións no territorio, que pertenceu ós partidos xudiciais de Celanova (1835-1965) Ourense (1965-1988) e Ribadavia dende 1988.

A guerra carlista deixou varios enfrontamentos debido á proximidade da fronteira portuguesa(20 km.)que foi usada como base de aprovisionamento e refuxio das partidas carlistas, sobre todo na I Guerra Carlista pola partida de Mateo Guillade en 1838. Na segunda Guerra carlista consérvase na tradición oral a morte dun xefe carlista en Louredo.

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera constrúese a ponte de ferro e pedra de Filgueira-Cortegada rematando co oficio de barqueiro de toda a aldea da Barca que databa da Idade Media(nos anos 70 deshabitaríase de todo polas augas do encoro de Frieira). Xa durante a II República o territorio prosegue a súa modernización, xorden varias agrupacións políticas que tralo golpe de Estado de 1936 entran en combate, a falanxe local toma a tiros a oficina de correos e telégrafos contra so socialistas, que foxen ó monte á espera do que suceda no resto do Estado Español. De aí a pouco, desátase a represión contra varios veciños e outros son chamados a filas polo exército franquista (que xa dominaba toda Galicia) mentres algúns naturais pasan a engrosar as filas do exército republicano debido a que se atopaban na sega de castelá (nas Milicias galegas e incluso no Batallón Galicia).

Xa na Posguerra, os anos da fame golpean a todos, os bañistas apenas visitan Cortegada e o lugar vai esmorecendo mentres os naturais emigran ó resto de Europa e do estado español (sobre todo Madrid e Euskadi).

Nos anos 70, coa construción do encoro de Frieira, a emigración diminúe un pouco, pero a mesma construción dá morte ás augas termais. Dende entón o concello perde habitantes e a poboación envellece.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Os petróglifos do monte Picoñas están situados na aba deste outeiro de 334 m, no val do río Deva, sobre os lugares de Casaldálvaro e O Casal. Os gravados inclúen labirintos, e cazoletas de gran tamaño. En Louredo, están os petróglifos da Pena do Campo, cunhas cazoletas e os do Coto da Ferradura, cuns inscultura en forma de ferraduras da Idade do Bronce comentados por Bouza Brey na década de 1930.

A ara romana de Zaparín ten a inscrición latina Diis Ceceaicis iriba Marcus Aeturi ("Marco da tribo dos eturios dedica esta ara a Ceceaicis"). O nome latinizado indica que a ara é posterior á romanización. A divindade Ceceaicis aparece noutra ara en Braga. Está situada fronte á igrexa de San Martiño de Zaparín, e sobre ela ten unha cruz de pedra. A outra ara, atópase en Meréns, onde a descubriu Fermín Bouza Brey en 1936, de pé de pía de auga bautismal na vella capela, a inscrición alude ao sol a á saúde.

A igrexa de San Martiño de Valongo é un templo barroco, reconstruído a mediados do século XVIII grazas ao donativo do frade agostiño Diego Martín de Vergara, natural da parroquia e que chegou a ser o arcebispo en Bogotá e se fixo unha capela propia que loce o escudo heráldico persoal no flanco esquerdo.

A igrexa de San Bieito de Rabiño pertenceu ao mosteiro de Celanova a través do priorado de Arnoia. O templo actual é barroco, destacando a torre central sobre a porta principal, dando impulso vertical á fachada. Sobre a porta, no medio dun frontón triangular, está a efixie de San Bieito. O retablo maior, do século XVIII, ten relevos da Santísima Trindade.

O templo, de granito do país, é de planta de cruz latina, cunha soa nave cuberta de arcos de medio punto ao longo do corpo até o cruceiro, onde se forman tres bóvedas sostidas por nervaduras, de catro brazos nos brazos laterais e dezaseis na bóveda da cabeza, onde o deseño fai un rombo dividido en catro espazos de lados convexos. As nervaduras son de cor marrón listado. As capelas laterais ostentan como claves das nervaduras senllos debuxos do Sol e a Lúa humanizados por un rostro. As claves das nervaduras da bóveda principal teñen decoración vexetal ,unha cruz asturiana e unha Lúa acompañada de dúas estrelas. Na sancristía a bóveda está sostida por catro nervaduras reunidas nunha clave que ten tallada un sombreiro eclesial de dúas puntas. Tanto as bóvedas laterais como a central conservan pintura.

A carón da igrexa atópase un milladoiro. O edificio é de planta cadrada con tellado a catro augas, sobre unha bóveda de crucería sustentada por catro arcos e catro piares. No centro do edificio hai unha mesa de ofrendas e un cruceiro tallado coa Virxe María e Cristo.

A igrexa de Louredo foi deseñada en 1906 polo arquitecto modernista Daniel Vázquez Gulías. Contén unha labra románica en pedra da Virxe María.

O pazo de Louredo ten un só nivel de planta cadrada, cun patio pechado por unha porta principal de arco de medio punto decorada con molduración corrida sobre o lintel da porta, que sostén dúas ameas de pico. A os dous lados da porta hai dous escudos da familia Puga, e enriba dela hai unha cruz.

A casa museo Bouza Brey foi a última morada de Fermín Bouza Brey, galeguista, xuíz represaliado polo franquismo, arqueólogo e poeta. Actualmente é de propiedade privada.

A casa consistorial é de arquitectura colonial, construída a comezos do século XX grazas a dous indianos.

O pazo de Seixomil, do que destaca a súa cheminea, intégrase nun urbanismo preindustrial.

A ponte romana de Valongo cruza o río Deva.

A casa do conde de Ximón, situada en Meréns, foi construída en 1789. Conserva o escudo heráldico máis grande de Galiza, con dezaoito cuarteis rematados por unha coroa condal. Aparecen os apelidos Araúxo, Feixoo, Ortigueira, Mosqueira, Cismeiro, Figueiroa, Nóvoa e Sarmiento.

En Cortegada, ao pé do río Miño, hai un palacete modernista recentemente restaurado, vestixio do balneario antigo. As súas augas, sulfurosas e ferruxinosas, acadan os 38 °C, e tomadas en baño teñen propiedades para as enfermidades hepáticas, respiratorias, gastrointestinais, xenético-urinarias e da pel. Debido á existencia de balnearios, esta terra tamén se coñecía como Cortegada de Baños.

No concello, tamén hai cruceiros antigos nos lugares de Prado, Pousa, Vilaverde Casares e Louredo, e petos de ánimas en Rabiño, Torre, Meréns e Louredo. Destacan tamén os hórreos de Piñor.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Cortegada.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada

Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

Lugares de Cortegada[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cortegada vexa: Lugares de Cortegada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Fray Benito de la Cueva: "Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova", edición, notas e índices por María Teresa González Balasch, introdución por José Ignacio Fernández de Viana y Vieites, Granada, 1991.
  4. Revista Minius, nºX, Beatriz Vaquero, Mercedes Durany e FJ Pérez: "A Terrade Celanova na idade Media" [1]
  5. Fr. Martín Sarmiento: "Viaje a Galicia", Editor José Luis Pensado (1975), Colección: EF [2]
  6. Breve historia de Galiza [3]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cortegada Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]