Luís Bouza Trillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Bouza Trillo
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1869 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFermín Bouza-Brey, Luís Bouza-Brey Trillo Editar o valor em Wikidata


Luís Bouza Trillo de Figueroa, nado en Vilagarcía de Arousa o 1 de agosto de 1869 e finado na súa vila natal o 29 de decembro de 1941, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Santiago de Compostela, pero abandonouno para dedicarse ao xornalismo. Foi redactor de El Fin del Siglo, fundou e dirixiu a revista La Estrella Galaica, onde publicou relatos e poesías en galego e en castelán (ás veces cos pseudónimos Magdalena de Monteblanco ou Gonzalo), e en Vilagarcía Crónica Carrileña (1893). Marchou a Huelva como oficial primeiro de Obras Públicas en 1898. Regresou a Galicia e dirixiu en Vilagarcía El Faro de las Rías (1909), La Opinión (1912) e El Pueblo (1913) e colaborou noutros periódicos (La Integridad, Gaceta de Galicia, El Defensor de Granada e El Tea). O seu poema “Esperanzas” acadou o premio dos Xogos Florais lugueses (1900) e “Plegaria” foi premiado polo Ateneo de Sevilla (1908). Participou na celebración do Centenario da Guerra da Independencia co poema “Aos héroes da Arousa”.

Durante a Segunda República foi tenente de alcalde de Vilagarcía. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de novembro e multado.

Obras[editar | editar a fonte]

Deixou varios libros inéditos, entre eles un poemario galego-castelán titulado Hojas Secas e Amor que mata (drama en castelán). A súa novela curta La Torre de Miadelo empezou a publicarse na Crónica Carrileña e os seus relatos Nubes de Otoño, noutros xornais. Publicou dous relatos en galego en La Estrella Galaica: "Xan Canitrote (conto popular)" e "O polisón".

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Bouza, de San Xurxo de Sacos, e mais de Narcisa Trillo, de Santiago de Compostela[1]. Casado con Orencia Brey Lores, foi pai de Fermín Bouza-Brey e Luís Bouza-Brey Trillo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV.AA. (1992). Fermín Bouza Brey. Unha fotobiografía. Xerais. p. 34. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]