Masonaría
| A este artigo fáltanlle contidos, imaxes ou perspectivas relacionados con Galicia. Por favor, galeguíceo. |
| Francmasonaría | |
| Fundador | Hiram Abif |
| Deidade Máxima | Gran Arquitecto do Universo |
| Tipo | Esoterismo |
| Nome de seguidores | Masóns ou francmasones |
| Ramas | Masonería de York, Masonaría Escocesa, Masonaría Mixta, Dereito Humano, Rito de Menfis-Mizraim, Masonaría Exipcia |
| País con maior cantidade de masóns | Estados Unidos |
A masonaría ou francmasonaría é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxias que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxia", "Gran Oriente" ou "Gran Priorado".
Aparecida en Europa entre finais do século XVII e comezos do XVIII, a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como un sistema particular de moral ilustrada por símbolos. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.
A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a natureza dos temas tratados ou a forma de traballar das loxias, así como coas bases sobre as que se fundamenta a regularidade masónica. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- A masonaría explicada
- Buscador masonaría
- Textos sobre Masonaría en Upasika.com
- Biblioteca masónica Rituais, catecismos, divulgacións.
- DELTA Podcast sobre masonaría