Mar de Weddell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Weddell
Weddell Sea
Localización administrativa
Estado Tratado Antártico (excepto mar a fóra)
Parcialmente reinvindicado pola Arxentina, Chile e o Reino Unido
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Antártico/ océano Atlántico
ContinenteAntártida
Illa/sIllas Orcadas do Sur
Xeografía
Illas interioresIlla Berkner
Accidentes
PenínsulasPenínsula Antártica
OutrosBarreiras de xeo Filchner-Ronne e Larsen
Características
Superficie2 800 000 km²
Anchura máxima2000 km
Mapa

Mar de Weddell

Localización do mar de Weddell nas reinvidicacións antárticas
Mar de Weddell.
Barreira de xeo.

O mar de Weddell é unha ampla porción do océano Glacial Antártico comprendida entre a Península Antártica polo oeste, as illas Orcadas do Sur polo norte, a Terra de Coats e a Terra da Princesa Marta ao leste. Ao sur atópase a segunda barreira de xeo máis grande do mundo: o conxunto Filchner-Ronne, que se apoia na Terra de Edith Ronne, esta barreira rodea en gran parte á grande illa Berkner. Xunto ao litoral da Península Antártica está a barreira de xeo Larsen, cuxa parte norte colapsou rapidamente nos últimos anos.

A parte da Antártida localizada ao oeste deste mar, ata o mar de Ross, denomínase Antártida Occidental ou Menor, e ao leste, Antártida Oriental ou Maior.

A anchura máxima deste mar é duns 2.000 km, cubrindo unha área de 2,8 millóns de km².

Foi nomeado en honor ao mariño británico James Weddell que se internou neste mar en 1823 alcanzando os 74° S. Foi explorado amplamente por primeira vez polo escocés William S. Bruce entre 1902 e 1904. Foi neste mar que o barco de Shackleton, o Endurance foi atrapado e destruído polo xeo.

Crese que a separación do ex-continente Gondwana comezou no mar de Weddell.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]